Santiago de Compostela, 7 de abril de 2021. A conselleira do Mar, Rosa Quintana, enxalzou hoxe o importante labor que realizan o grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) na dinamización das zonas costeiras e na conservación do patrimonio e da cultura mariñeiras de Galicia así como a súa capacidade de adaptación ás dificultades derivadas da alerta sanitaria polo coronavirus.
Fíxoo durante a presentación telemática do campionato REMA 360º, unha iniciativa lúdica e divulgativa impulsada polos GALP a través do proxecto de cooperación Pasaporte REMA coa que máis de 1.100 alumnos de 1º e 2º da ESO de máis de 40 centros educativos galegos aprenderán cousas sobre o mundo do mar e a súa cultura. O xogo, un exemplo de adaptación ás circunstancias derivadas da pandemia, inicia hoxe a súa primeira fase.
Nesta primeira parte do campionato, que se desenvolverá totalmente en liña, os alumnos participantes visitarán de xeito virtual os contidos dos 27 museos incluídos na Rede de Espazos Museísticos Atlánticos (REMA) e irán superando distintas probas e retos cos que irán acumulando puntos. Nese percorrido polos distintos museos a través de contidos de texto e audiovisuais -no que terán que superar probas en cada un deles para poder pasar ao seguinte- irán recompilando información e obtendo distintos obxectos/tesouros que lle servirán para resolver o reto final desta primeira fase.
Os cinco centros educativos que obteñan a mellor puntuación nesta primeira fase pasarán á segunda, que se celebrará despois do verán de xeito presencial e que consistirá nun escape room físico con retos a superar relacionados co mundo marítimo-pesqueiro.
O xogo está deseñado mediante o relato de que os faros da costa atlántica non funcionan correctamente ao apagarse totalmente nalgunhas ocasións, deixando desvalidos aos barcos que navegan pola zona, e ao brillar en exceso noutras, provocando naufraxios. A razón deste suceso parece desvelarse nunhas mensaxes que chegan a terra en botellas desde hai anos e nas que unha muller conta que quedou atrapada neste mundo porque perdeu o cofre cos seus recordos. Os alumnos deberán ir superando as distintas probas para resolver o misterio e axudar a esta personaxe a recuperar a memoria e que todo poida volver á normalidade.
A titular de Mar salientou a importancia de transmitir de xeito ameno ás rapazas e rapaces o valor do patrimonio marítimo-pesqueiro e que poidan adquirir coñecementos novos xogando. Por iso, agradeceu o traballo dos GALP e do proxecto Pasaporte REMA por difundir entre a xente nova a relevancia dos profesionais do mar, do seu esforzo e da súa heroicidade a través deste campionato. Ao mesmo tempo, subliñou, o xogo axuda a protexer a memoria e o patrimonio costeiro de Galicia, promove a igualdade entre mulleres e homes -enxalzando a contribución das profesionais do mar á cultura mariñeira- e a protección da natureza e do mar como fonte de vida e de riqueza nas vilas costeiras.
Rosa Quintana lembrou que accións deste tipo contribúen a preservar os sinais de identidade de Galicia e a achegar aos máis novos o mundo do mar facéndoo atractivo e dando a coñecer os encantos que agocha. Por iso, engadiu, son iniciativas que favorecen que as novas xeracións vexan que o mar de Galicia “ten pasado, presente e tamén, e sobre todo, moito futuro”.


















A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.



