Viveiro, 14 de abril de 2021. O goberno municipal de Viveiro informa da finalización de varias actuacións de mellora e renovación en viais e camiños da parroquia de Santa María de Magazos
En concreto, finalizaron os traballos de reposición do firme na pista denominada ‘Pista Veiga 2’, ubicada no lugar da Veiga, na parroquia de Santa María de Magazos.
Así mesmo, na mesma ubicación tamén se realizaron as obras de reposición do firme na pista Veiga 3 e na pista Granxas-Tilleira.
Estas tres obras, cun orzamento aproximado en conxunto de 40.000 euros, “dan resposta ás demandas dos veciños e veciñas da zona, mellorando as comunicacións na parroquia e aumentando a seguridade viaria de vehículos e peóns”, asegura María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.
As actuacións consistiron en labores de mantemento, tanto do firme existente mediante bacheo como de mantemento dos marxes do vial mediante a limpeza de cunetas, e en labores de mellora, co reforzo do firme existente coa incorporación de novas capas que se axusten ás características do tráfico rodado que soportan.
Incluíron, ademais, o saneado e limpeza dos sumideiros de augas pluviais, repoñendo todas aquelas pezas e elementos que presenten algún tipo de deterioro.
Esta actuación forma parte do plan integral de mellora de viais e camiños do grupo de goberno de Viveiro, tanto no casco urbano como nas parroquias.






















O público poderá degustar embutidos de porco celta da gandería Celtagal, de Mondoñedo. O deputado de Rural Daniel García, Alba Fernández, da organización das festas, e Iván Rodríguez e Jose Barreira, representantes de Asoporcel, presentaron a iniciativa, que se inclúe no programa de fomento do consumo de razas autóctonas Un gusto de rural, un rural de gusto. O programa, posto en marcha en 2025 para socializar as calidades gastronómicas das carnes de razas autóctonas galegas con diferentes receitas, prevé este ano 37 degustacións en mercados, feiras e outras celebracións populares. Na organización, que conta coa colaboración das asociacións Puraga, Asoporcel e Boaga, prímase o emprego de materia prima de gandeiras e gandeiros locais.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.
O evento, organizado por O Arco da Vella coa colaboración do Concello de Barreiros e o CEIP San Miguel, contará coa participación dos grupos ACF Gamelas e Anduriñas de Espasante e O Arco da Vella de San Miguel de Reinante. Antes do festival haberá un pasarrúas con saída desde a Praza do Souto.
No acto acompañará ao autor o filólogo e escritor Ramón Reimunde.