Lugo, 15 de maio de 2021. O deputado lucense do grupo popular, José Manuel Balseiro, vén de rexistrar unha pregunta parlamentaria interesándose polos incentivos da Xunta dirixidos á adquisición de solo industrial na provincia de Lugo.
O Goberno galego, a través da empresa pública Xestur e do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), entidades dependentes da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, veñen de promover un ambicioso proxecto que permitiu sacar á venda a totalidade dos terreos que teñen dispoñibles nos seus polígonos industriais.
Na provincia de Lugo en concreto, poderán beneficiarse deste programa, os parques industrias emprazados en 25 municipios lucenses, nos que a Xunta é a propietaria e existen parcelas dispoñibles, circunstancia que se pode consultar actualizada na web de Xestur.
Balseiro explica que as empresas interesadas en asentarse na provincia ou ben en ampliar as súas actuais instalacións, teñen tres opcións: acceder á compra deste solo cunha bonificación sobre o prezo de venda, acceder a parcelas na modalidade de dereito de superficie e, como novidade, establécese tamén o acceso ás parcelas en determinados polígonos na modalidade de alugueiro.
Lembra o deputado que o solo empresarial resulta un factor de vital importancia para atraer investimentos e permitir a consolidación das actividades empresarias xa emprazadas no territorio.
“Sempre, pero de xeito especial neste momento atendendo á situación derivada da pandemia, cómpre promover iniciativas que permitan favorecer a localización de novas industrias e a implantación de actividades económicas que impulsen o desenvolvemento local e a creación de oportunidades de emprego”, explicou Balseiro.
Por outra banda, pensando nas empresas e propietarios de parcelas nos parques industrias actuais, Balseiro tamén se interesa pola acollida e funcionamento das medidas especias que adoptou a Xunta para aliviar o impacto da covid sobre o tecido empresarial.
Así, por exemplo, “a Xunta acordou a concesión de prórrogas especiais para concluír a edificación da parcela, a extensión do prazo para a compra de solo e exercicio da opción de compra e dos prazos de carencia nos pagos, entre outras”.

















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



