Lugo, 18 de maio de 2021. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, inaugurou este martes as xornadas Gobernos Locais e Servizos Sociais, organizadas pola Deputación de Lugo en colaboración coa Fundación Democracia y Gobierno Local. Medio cento de traballadores e representantes institucionais de entidades locais de toda España participaron no encontro, celebrado de maneira telemática, durante o que o Presidente asegurou, “como firme defensor do público e do municipalismo”, que o ocorrido durante a pandemia no eido social, “debe facernos reflexionar a todos”, e reivindicou a necesidade dun “novo modelo de servizos sociais e de modificar o marco de financiamento local”.
A incidencia da crise da Covid-19, a fórmula de xestión concertada, o reto demográfico e o coidado dos maiores foron os temas que vertebraron a xornada virtual, na que tomaron parte como poñentes expertos das universidades de Girona, Barcelona, Santiago de Compostela, A Coruña e da Autónoma de Madrid.
O Presidente subliñou que garantir o pleno acceso a unha carteira de servizos públicos de calidade no conxunto do territorio “supón cumprir co principio de igualdade que consagra a Constitución e é a ferramenta máis eficaz que temos para frear a perda de poboación no rural”.
Novas competencias sen máis recursos
A pandemia, asegurou José Tomé, supuxo “unha proba de estrés para os servizos sociais do noso país”, aumentando o gasto no conxunto dos concellos galegos en 6M€ mensuais”, segundo a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), sen que as entidades locais teñan recibido “nin un só euro de fondos adicionais para a loita contra a crise sanitaria”. “Unha crise social, económica e sanitaria, que debera servir para revisar as necesidades das facendas locais, historicamente infradotadas, só serviu para cargalas con nova competencias impropias, como ocorreu coa desinfección dos colexios, que a comunidade autónoma de Galicia pasou aos concellos co argumento de que eran equiparables ás tarefas de limpeza e mantemento habituais”, afirmou o Presidente.
As administracións van seguir sendo axentes fundamentais á hora de acercar os servicios sociais á cidadanía, argumentou José Tomé, “pero non podemos seguir asumindo esta tarefa dende a infradotación orzamentaria e dende a postura de desdén de quen non quere, nin asumir as competencias que teñen atribuídas por Lei nos seus respectivos estatutos de autonomía, nin recoñecer que as entidades locais podemos aportar solucións máis pegadas á realidade e ás necesidades do territorio, e, polo tanto, máis eficientes. As entidades locais non podemos seguir sendo tratadas como menores de idade aos que se lles regatea a paga, mentres cada ano sube o número de competencias que asumimos ante a deixadez ou infradotación das administracións autonómicas”.
Revisión do modelo asistencial autonómico
Así mesmo, explicou o Presidente, a Covid-19 “puxo en cuestión da maneira máis triste posible o modelo asistencial das residencias, as ratios de persoal por residente, os controis periódicos das residencias concertadas e mesmo o propio deseño arquitectónico dos centros”.
Por iso, o mandatario provincial apelou a un novo modelo de servizos sociais. Neste sentido, destacou que a Deputación de Lugo dedica un terzo do Orzamento anual, uns 30M€, a políticas sociais, “que debería asumir a comunidade autónoma”, e puxo en valor o modelo de residencias provincial. “Residencias públicas de pequeno tamaño, de entre 30 e 40 usuarios de media, asentadas en pequenos municipios, de xeito que as persoas viven esta nova etapa preto das súas familias e amigos, no entorno no que pasaron toda a súa vida”, explicou o Presidente, quen subliñou que os centros da Deputación “teñen case un coidador por residente, xeran emprego sostible e de calidade no rural e dinamizan a actividade dos produtores locais”. “Un modelo eficaz para as persoas e eficiente para as economías locais”, que se viu reforzado coa pandemia, durante a que os centros estiveron libres de Covid e non houbo que lamentar ningún falecido polo coronavirus, destacou José Tomé.
O Presidente cre que é unha boa noticia que a Xunta de Galicia anunciase a revisión do seu modelo de residencias, “sobre todo se vén acompañada dun informe sereno e transparente que avalíe o sucedido nos centros autonómicos, que analice o por que da elevada mortalidade, as denuncias de falta de atención da familias e que analice tamén se o modelo da Deputación de Lugo pode ser útil para o novo modelo”.























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



