Santiago de Compostela, 26 de maio de 2021. A presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, recibiu esta mañá ao alcalde do municipio coruñés de Mañón e parte do seu equipo de goberno, xunto co patrón maior da confraría de pescadores da localidade e representantes do sector profesional que desenvolven a súa actividade na zona. O encontro de traballo permitiu revisar as necesidades portuarias da localidade e a dragaxe que o ente público está a planificar no porto do Barqueiro.
A presidenta de Portos explicou a tramitación desta obra, que como todas as actuacións de dragaxe requiren dunha exhaustiva tramitación ambiental e reiterou que desde o ente público se está a traballar para facer realidade esta demanda dos usuarios portuarios de Mañón. Ademais consensuouse coas profesionais presentes e os representantes municipais as zonas de maior necesidade de recuperación de calado. Finalmente, o alcalde interesouse tamén polas bonificacións e exencións que Portos de Galicia está a aplicar ao longo de todo o ano 2021 sobre as tarifas da hostalería por mor da crise derivada da covid-19.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



