Ribadeo, 31 de maio de 2021. A Concellaría de Deportes de Ribadeo abre este mércores, 2 de xuño, o prazo de inscrición para as escolas deportivas de verán 2021. Ofértanse 90 prazas de catro disciplinas: pesca deportiva, piragüismo, surf e vela. Están destinadas a nenas e nenos nados entre os anos 2006 e 2013. A cota é de 40 euros.
O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, anunciou que “na Área de Deportes a partir do mércores, 2 de xuño, se abre o prazo de inscrición para as escolas deportivas de verán de 2021. As disciplinas serán: pesca deportiva, piragüismo, surf e vela. Son en torno a 90 prazas en total nas catro modalidades. As inscricións abriranse ese día 2 e terán preferencia os empadroados ou escolarizados en Ribadeo e nacidos do 2006 ao 2013”.
O edil dixo que “queremos dar as grazas aos clubs, tanto ao de pesca deportiva como de piragüismo, de surf e de vela, porque este é un ano extraordinario e hai que duplicar esforzos con todo o tema dos protocolos do covid”.
Díaz Freije sinalou que “os nenos e nenas que estean interesados poden pedir información, de nove da mañá a dúas da tarde, na Casa da Xuventude e no número de teléfono 982 129 889. O remate da matrícula sería ata o inicio da escola ou o fin de prazas. A cota será de 40 euros, cremos que é bastante asequible para a maioría da xente”.
No acto de presentación estiveron o alcalde, Fernando Suárez, o concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, o técnico de Deportes, Iván Rodríguez, así como representantes dos clubs participantes nas escolas deportivas de verán 2021.























No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.


