Lugo, 11 de xuño de 2021. A Consellería de Emprego e Igualdade achegou o pasado ano 612.200 euros aos traballadores autónomos da Mariña a través de diversos programas de apoios destinados a este colectivo. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, subliñou que, tanto mediante estas axudas ordinarias como a través dos Plans de rescate, o Goberno galego “realiza un importante esforzo para apoiar a un colectivo fundamental para a economía da nosa provincia, onde un de cada tres traballadores é autónomo”. Así, no 2020 concedéronse na comarca 198 axudas, que favoreceron a incorporación ao réxime de autónomos de preto dun centenar de persoas desempregadas e incrementaron a competitividade de empresas xa establecidas.
O programa que sumou maior número de apoios foi o Bono autónomo: 103 expedientes que alcanzan unha contía global de 238.200 euros. Esta media financia estratexias de negocio e marketing así como compra de equipamento, equipos informáticos, reformas e mobiliario, entre outros elementos.
Porén, o maior volume de investimento concéntrase no programa de promoción do emprego autónomo; a Consellería apoiou con 365.000 euros a incorporación como traballadores autónomos de 94 persoas desempregadas. Trátase de axudas directas, dun mínimo de 2.000 euros e un máximo de 9.000 euros, para as persoas que causaron alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social entre o 1 de outubro de 2019 e o 30 de setembro de 2020.
Ademais de fomentar o emprendemento, a Xunta tamén axuda a consolidar e impulsar o crecemento destas empresas con apoios á contratación de traballadores. Acolleuse a estas achegas un empresario mariñán, que recibiu 9.000 euros.
Os cinco concellos que concentran máis apoios son os de Ribadeo, con 41 axudas e 135.700 euros de investimento; Foz, con 34 axudas e 103.200 euros; Viveiro, con 87.100 euros para 25 expedientes; Burela, 22 axudas e 61.700 euros; e Mondoñedo, que alcanza as 18 achegas e 55.000 euros.
Arias lembrou que a Consellería convocará proximamente de novo estes programas. Hoxe mesmo publícase no DOG o terceiro Plan de rescate e o vindeiro luns ábrese o prazo para presentar as
solicitudes. Igualmente, o Consello da Xunta aprobou onte a convocatoria do Bono Autónomo, e nas próximas semanas iranse poñendo en marcha as demais medidas.
Ao respecto, o delegado afirmou que “a realidade socioeconómica da nosa provincia indica que os autónomos son vitais para unha recuperación do emprego, e apoialos para que poidan remontar a situación xerada pola pandemia, crecer e ampliar os seus mercados é unha prioridade para a Xunta de Galicia”.
























Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



