Viveiro, 11 de xuño de 2020. Que a praia de Sacido non ten acceso dende hai varios anos por causa da probada desidia do goberno municipal era algo máis que unha sospeita, pero agora xa non hai dúbida algunha porque a propia alcaldesa, María Loureiro (PSOE), recoñeceu no pleno do pasado mércores que ten gardado un proxecto, redactado por Costas; é un proxecto que está feito dende hai máis de ano e medio. Así o sinala o portavoz popular, Óscar Rodríguez, que lembra que Sacido, “ademais de ser unha praia fermosa, ten ao seu carón un hotel de catro estrelas; o acceso pechado dá unha imaxe deplorable e priva do seu uso a veciños de Viveiro e aos visitantes”. No PP sospeitan que Loureiro non ten o peso necesario para que o ministerio execute o proxecto, pero, en todo caso, esixen ao goberno local que faga as xestións necesarias para poñer o acceso a Sacido en condicións de ser utilizado.
Entre as iniciativas que os populares levaron á máis recente sesión plenaria da corporación municipal figurou unha pregunta exposta por Rodríguez. Querían saber por que a reapertura do acceso á praia de Sacido non entrou non plan de mellora de accesos a areais galegos e se o goberno local ten algún proxecto e, de ser así, cando o pensa executar. A alcaldesa respondeu que o citado plan non ten nada que ver co problema que se dá en Sacido. Recoñeceu que existe un proxecto de Costas, orzamentado en 1.200.000 euros, para acometer a reparación do acceso, pero a alcaldesa non cre que esa sexa a solución; non aclarou por que, nin que pensa facer.
Rodríguez declarou: “Unha vez máis queda patente a incapacidade de xestión do goberno encabezado por Loureiro. Como pode ter durante dous anos un proxecto gardado nun caixón e o problema sen resolver?; e o que é aínda máis grave, seguir sen saber como resolverá esta cuestión. É inaudito, é algo que seguramente debería estudarse nos manuais no apartado de como non se deben facer as cousas na Administración”.























A clientela aproveita esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebra o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



