Ribadeo, 15 de xuño de 2021. No pleno extraordinario que se celebrará este xoves, 17 de xuño, no Concello de Ribadeo someterase a aprobación o inicio do procedemento de expropiación para adquirir os terreos destinados á creación dun aparcadoiro público nas inmediacións da praia das Catedrais. Trátase do primeiro paso para comezar a desenvolver o Plan Especial de Protección dese areal. O alcalde, Fernando Suárez, agarda a implicación do Estado e da Xunta. No pleno tamén se aprobarán de xeito definitivo as ordenanzas do uso das praias e de limpeza viaria e xestión de residuos.
O rexedor ribadense contou que “son varios os puntos que van ir a este pleno extraordinario a celebrar o vindeiro xoves. Un deles é a aprobación definitiva da ordenanza de uso das praias. Hai que ter en conta que non tíñamos, ata o momento, regulación e agora, logo dun proceso participativo, chegamos á fase final da aprobación definitiva. Nesta ordenanza vanse contemplar unha serie de cousas como os deportes que se poden facer na praia e os dereitos e os deberes dos usuarios dos areais. Tamén a presenza dos cans nestes espazos públicos, por exemplo definindo as épocas do ano onde se permitirá a presenza de cans, así como tamén que se poderán levar con correa polos paseos habilitados, entre outras moitas cousas”.
Suárez Barcia sinalou que “outra das ordenanzas que imos aprobar de maneira definitiva é a de limpeza viaria e de xestión de residuos, dado que esta nova ordenanza ven substituír unha vella que databa do ano 2006, e agora si adaptarémonos a todos os cambios normativos que se viñeron producindo en todo este tempo e tamén a cuestións que nos teñen trasladado tanto a cidadanía en xeral como as suxestións da propia Policía Local no tocante á limpeza, ao ornato e mesmo á salubridade dos espazos públicos e á xestión tamén dos residuos de competencia municipal”.
O alcalde subliñou que “outro dos puntos importantes que pretendemos iniciar, neste pleno extraordinario, vai ser o acordo de inicio do procedemento de expropiación para adquirir os terreos para un aparcadoiro público nas inmediacións das Catedrais. Debemos dicir que este é o primeiro paso firme que damos para empezar a desenvolver este Plan Especial de Protección da contorna das Catedrais, que aprobamos definitivamente hai moi poucos meses e no que se propoñen unha serie de actuacións para protexer, conservar, coidar e promocionar esta marabilla da natureza. Evidentemente, queremos que siga sendo un lugar coñecido e visitado ao longo do ano, e non só polo verán, pero tamén temos que conseguir que non se converta nunha feira ou nunha romaría. Para iso debemos habilitar un espazo público previsto neste plan e aí o contemplamos, neste proxecto que vai ao pleno, un espazo de practicamente 30.000 metros cadrados que vai estar no acceso, desde a estrada principal xusto antes de pasar a vía do tren. Alí queremos facer un aparcadoiro público onde se faga coincidir o transporte público e o transporte privado, aínda que queremos promocionar o primeiro, e de aí, unha vez que se aparque, os visitantes deberán ir andando cara ao areal”.
Fernando Suárez dixo que “o Plan Especial das Catedrais contempla máis accións como pode ser a construción de carreiros pola parte de arriba, sempre separados do cantil para garantir a seguridade, pero para poder ao mesmo tempo ver as estampas que a natureza nos foi creando co paso do tempo. E tamén este plan recolle a creación dun apeadoiro de Feve, entre outras moitas cousas”.
O alcalde de Ribadeo engadiu que “o paso que dá o Concello agora é iniciar os trámites para adquirir os terreos para convertelos nun aparcadoiro público e confiamos que o resto de administracións, empezando pola Xunta de Galicia e tamén polo Estado, nos boten unha man economicamente dado que tanto uns como os outros levan tempo dicindo que o van facer. Verémolo logo se o fan e en que medida”.






















O público poderá degustar embutidos de porco celta da gandería Celtagal, de Mondoñedo. O deputado de Rural Daniel García, Alba Fernández, da organización das festas, e Iván Rodríguez e Jose Barreira, representantes de Asoporcel, presentaron a iniciativa, que se inclúe no programa de fomento do consumo de razas autóctonas Un gusto de rural, un rural de gusto. O programa, posto en marcha en 2025 para socializar as calidades gastronómicas das carnes de razas autóctonas galegas con diferentes receitas, prevé este ano 37 degustacións en mercados, feiras e outras celebracións populares. Na organización, que conta coa colaboración das asociacións Puraga, Asoporcel e Boaga, prímase o emprego de materia prima de gandeiras e gandeiros locais.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.
O evento, organizado por O Arco da Vella coa colaboración do Concello de Barreiros e o CEIP San Miguel, contará coa participación dos grupos ACF Gamelas e Anduriñas de Espasante e O Arco da Vella de San Miguel de Reinante. Antes do festival haberá un pasarrúas con saída desde a Praza do Souto.
Os concertos serán os xoves ás 20:30 h e incluirán propostas variadas como The Swinging Flamingos, Terrae & Nastasia Zürcher, César de Centi, Silvia Penide, Bela Clarlo, Disquetera e unha sesión especial de DJ Mr. Fishman o 11 de agosto. O Concello destaca que esta iniciativa busca dinamizar os espazos públicos, ampliar a oferta cultural do verán e converter a alameda nun punto de encontro para veciñanza e visitantes.



