Lugo, 18 de xuño de 2021. Ao goberno provincial de Lugo, especialmente ao seu presidente, éncheselle a boca con conceptos como democracia e participación, pero, á hora da verdade, acóllese á interpretación máis estrita da normativa para evitar facilitar á oposición todo o que ten que ver coa información dos asuntos da Deputación. De isto é boa proba a prohibición aos deputados da oposición, é dicir, do grupo do PP, de visitar edificios e instalacións provinciais. Primeiro denegou o permiso solicitado para entrar na nave cedida polo escultor Manuel Mallo, en Begonte, alegando que descoñecía o seu estado e que, polo tanto, non autorizaba á visita por motivos de seguridade. Agora, acaba de rexeitar a autorización pedida polo PP para revisar o estado da antiga sede de Suplusa, la praza de San Marcos, 11. O portavoz popular, Javier Castiñeira, sinala: “Non deixa de sorprendernos o presidente da Deputación, José Tomé, coa súa falta de talante participativo. Xa son moitos os capítulos que está a sufrir o PP desa maneira de entender o poder que fai que nos negue o acceso a locais da Deputación, como no seu día á nave de Manuel Mallo, en Begonte; agora fai o mesmo con respecto ao edificio número 11 de San Marcos, antiga sede da sociedade provincial Suplusa; tamén nos denegan o acceso a este inmoble”.
Castiñeira explica que “no PP o único que pretendiamos era analizar o estado dese edificio e intentar, segundo o caso, ver que posibilidades de utilización ofrece, para poñelo en uso e non telo sen utilizar como está a día de hoxe”.
Para os populares, esta nova demostración da falta de vontade de xestionar as institucións de maneira participativa “é outra versión máis do ocultismo absoluto co que pretende actuar o señor Tomé”. A antiga casa de Suplusa, “é un edificio dunha institución pública, que no seu día era de acceso público como sede da sociedade provincial e agora está pechado”. “O que quere o PP -asegura Castiñeira- é poñer en valor os edificios da Deputación de Lugo, neste caso un inmoble herdado de Suplusa, que deixou un gran patrimonio e máis de catro millóns de euros”. Engade: “O que queremos é seguir sumando e aportando idea e por iso lamentamos que o presidente Tomé non teña en consideración ao grupo maioritario da corporación. Lamentamos que se coarte o noso dereito a poder acceder ás instalacións da Deputación e fiscalizar, como é a nosa obriga como oposición, o traballo do goberno provincial”. Conclúe que Tomé e o seu equipo poñen “moitas dificultades neste sentido, o que temos que interpretar como unha mostra de que se intenta ocultar algo, o que nos parece moi grave”.





















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



