Foz, 19 de xuño de 2021. O alcalde de Foz, Fran Cajoto, agradece á Xunta de Galicia a execución dunha beirarrúa en 150 metros da marxe dereita da estrada LU-151 Fazouro-San Acisclo porque esta obra “é moi necesaria, hai moita poboación na zona e a estrada é estreita, con curvas e escasa visibilidade, o que constitúe un perigo para camiñar”.
O rexedor municipal explica que “agora mesmo nesta estrada hai unha beirarrúa entre o punto inicial e o punto quilométrico 0+574, executada grazas a subvencións á asociación de veciños. Entre a beirarrúa actual e a que está en execución existe unha illa de 435 metros nos que non hai un paso axeitado para viandantes, por iso solicitamos á Xunta de Galicia que complete as beirarrúas en toda a lonxitude e que continúe na zona de vivendas cara a San Acisclo”.
Fran Cajoto engade que “queda pendente tamén, nesta caso na parroquia de Cangas, a terceira fase das beirarrúas na estrada Ferreira-Foz, que se solicitou en varias ocasións e tamén é competencia autonómica” e destaca que “a seguridade dos peóns e a mellora da accesibilidade é unha máxima deste goberno municipal”.























O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



