Foz, 26 de xuño, 2021. Foz móvese pola igualdade. Este é o lema da campaña informativa e de sensibilización organizada polo Concello de Foz e Mujeres en Igualdad Provincial de Lugo- BUMEI no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. Xa se instalaron diversos carteis en edificios públicos, paneis informativos e establecementos do centro urbano de Foz, Nois, Cordido, Cangas, Fazouro, San Martiño, Vilaronte, Santa Cecilia e San Acisclo nos que se aposta polas relacións sas e a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes.
O vindeiro martes 29 de xuño instalaremos un punto de información no Mercadillo semanal de Foz (Praza do Conde Fontao) para informar, concienciar e sensibilizar á poboación sobre as distintas formas de violencia contra as mulleres. Alí distribuiranse distintos artigos e materiais de sensibilización da campaña, como pulseiras, chapeus ou mochilas, ademais de guías de sensibilización e folletos.
Tamén realizaremos unha enquisa anónima a pé de rúa ás persoas que acudan ao mercadillo para realizar un estudo posterior que permita coñecer o grao de coñecemento e implicación contra as violencias machistas.
O persoal da asociación informará na carpa, ademais, das distintas medidas contempladas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero, asesorará, resolverá dúbidas e indicará como solicitar máis información.


























O acto inaugural terá lugar no exterior da Casa do Concello ás 12.00 horas. O primeiro espectáculo será a proposta itinerante ‘Animacreques’ da Compañía Catropés. A xornada completarase coa representación ás 13:00 horas na Praza da Pulida de ‘Historias para escagharriñarse’, da Compañía Teatro Ghazafelhos. Posteriormente, ás 21:00 horas e no mesmo escenario, a Compañía Colectivo Glovo representará ‘Tríade e Alleo’.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



