Lugo, 29 de xuño de 2021. O Grupo Provincial do Partido Popular lamenta que o PSOE empregase a defensa do patrimonio cultural de Lugo “como loita partidista e non como elemento de cooperación”. Así o trasladou o deputado Agustín Baamonde, ante a moción presentada polo Grupo do PSOE, pois os socialistas eludiron, primero, aceptar a emenda dos populares para que a Deputación arranxe inmobles da súa titularidade como a Casona do Incio e, segundo, que nos seus argumentos non se incluíse ningunha actuación nesta materia levada a cabo polo organismo provincial, xa que son varias as instalacións da súa titularidade que acusan un notable deterioro como a referida.
“O mellor sería que, en lugar de facer un discurso parcial e partidista, o fixesen en clave de participación e de colaboración, acompañando as palabras con feitos”, precisou Baamonde quen afeou aos deputados do PSOE a súa versión de “tapar a súa inaptitude e inactividade”.
“Quedoulles mala conciencia”
O popular fixo esta aseveración, lembrando que, en febreiro, o PP presentou unha iniciativa pedindo, precisamente, á Deputación a implicación da defensa do patrimonio cultural provincial. Naquel momento, dixo, “escandalizáronse e rexeitárona en base á descualificación, acudindo á demagoxia e ao populismo e sen dar un só argumento e nin un só dato sobre o que están vostedes a facer. Creo que lles quedou mala conciencia e, por iso, desvían agora a súa actuación acusando á Xunta de Galicia”, remarcou.
A versión do PSOE, desmontada
Agustín Baamonde desmontou a versión dos deputados do PSOE, pois foi o Goberno galego o que creou o marco legal axeitado cunha Lei de Patrimonio Cultural “–que non votaron a favor pero si recoñeceron que supoñía un avance”-, e ten investidos 17 millóns de euros para a posta en marcha de proxectos como os Plans da Ribeira Sacra e das Catedrais, a mellora da Catedral de Lugo, o Camiño de Santiago e, no caso concreto de Caldaloba, está a executar os estudos de reconstrución.
“Isto déixaos en mal lugar”, afirmou o popular engadindo que, cando goberna o PSOE, “o Patrimonio devólveno sempre en mal estado”. Así se pode observar na Casa da Botica, situada en Guitiriz. “Cando lle poñen a man, os edificios cáenlles enriba. Se falamos da Casona, os veciños que viñeron aquí para pedir a súa axuda, botáronnos deste lugar”. É, por este motivo, “polo que creo que lles quedou mala conciencia”.
“Contradicións e falta de credibilidade”
Baamonde considera que o deputados do PSOE “non distinguen as verdades das mentiras”. Neste senso, cuestionou o papel da voceira Pilar García Porto, xa que “ser portavoz da nada é moi difícil, como tamén o é defender a inactividade dun organismo que non fai nada”. Iso é o que provoca, engadiu o popular, “entrar en contradicións” e, en consecuencia, “na falta de credibilidade”.


















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



