Foz, 28 de xullo de 2021. O alcalde de Foz, Fran Cajoto, quere facer unha petición de responsabilidade “a veciñas e veciños e a todos os que nos visitan nestas datas. Debemos traballar entre todos para frear a pandemia. Isto implica ser precavidos, gardar as distancias e usar a máscara de forma preferente. Tamén acudir ás citas de vacinación e aos cribados cando se nos convoque. Un 40-41 % de participación nos cribados para persoas de entre 18 e 30 anos son cifras moi baixas, a pesar de que unha boa parte se podan deber a datos desactualizados nas tarxetas sanitarias. Debemos ser responsables e consecuentes: actuar de forma correcta evitará problemas posteriores no sistema de saúde”.
Ademais o rexedor municipal incide en que “é o momento, cando o concello triplica a poboación, de que a Xunta de Galicia reforce o persoal médico, da mesma maneira que os concellos temos que aumentar o persoal en recollida de lixo, limpeza e salvamento de praias, limpeza viaria e outros servizos. É moi importante ter en conta a poboación real dos concellos da costa en verán”.
Ante a nova redución de aforos no interior da hostalería e as dificultades de acceso para aqueles que non teñen a pauta de vacinación completa, Fran Cajoto reitera “o compromiso do Concello para facilitar a instalación de terrazas en espazo público, sempre que sexa tecnicamente posible, previa petición e coas medidas de seguridade oportunas. A anulación do cobro das terrazas que aplicamos desde mes de maio facilita que os locais poidan seguir coa súa actividade nuns meses que son cruciais. O que nos trasladan é que necesitan e queren traballar. Na práctica totalidade do sector estase actuando de forma moi seria e responsable e desde o Concello queremos facilitar ese traballo”.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



