Santiago de Compostela, 30 de Xullo 2021. Tras 16 meses de pandemia que obrigou a un sobre esforzo a toda a comunidade educativa, a resposta do Executivo de Feixóo e un curso 2021-2022 con menos persoal nas aulas, en particular nos centros de secundaria, a través dunha redución sen precedentes que mesmo vai impedir en moitos casos que se poidan cumprir os protocolos COVID decretados pola Xunta.
“Estamos ante unha avalancha de recortes que o Goberno do PP está aplicando en todos os niveis do ensino público, especialmente grave no nivel de educación secundaria con 435 docentes menos en relación ao pasado curso escolar, un recorte sen precedentes”, denuncia o portavoz parlamentario de Educación, Manuel Lourenzo.
O deputado explica, ademais, que a cifra de profesorado en nos institutos baixa incluso se se compara cos datos anteriores á pandemia, en concreto, o recorte implica 189 docentes menos. E estes datos, provisionais recollidos nun estudo da CIG, sindicato maioritario no sector, aínda poden ser superados por cifras peores unha vez que se faga efectivo a adxudicación de destinos.
Neste contexto, Lourenzo advirte que o recorte de efectivos “deixa aos institutos nunha situación límite, de tal xeito que moitos centros educativos non van ter capacidade de cumprir os protocolos impostos pola Xunta, e todo isto nun momento en que, debido aos cambios e condicionantes impostos pola pandemia, é máis necesario que nunca reforzar o ensino público.
Por contra, Goberno de Feixóo “vai en dirección contraria e, xusto no momento en que máis reforzos se precisan, o que temos por parte da Xunta é un recorte de profesorado sen precedentes”. Lourenzo tamén se pregunta “se está é a forma que ten o PP de agradecer todo o esforzo realizado polo persoal educativo ao longo de 16 meses de pandemia”, e avanza que o BNG vai levar este asunto ao Parlamento, “porque o que se necesita non son recortes senón reforzar o ensino público”, conclúe.




















A clientela aproveita esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebra o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



