O domingo, dia 1 de Agosto, pola tarde, os familiares dos usuarios foron informados de que había tres positivos entre as persoas internadas. O luns a Deputación deu unha nota “infomativa” sen crarexar nada mais e engadindo que “ todo parece apuntar a que o contaxio podería estar relacionado cunha visita externa”. O luns púxose en circulación o bulo de que este contaxio podería estar en relación con outro exterior xa coñecido.Hoxe, mércores, os medios publican outra nota da Deputación ca “nova” de que ademais dos tres casos coñecidos está afectada unha persoa da equipa asistencial. Mentres tanto o Sr. Alcalde de Ribadeo cala como un afogado.
Obsérvese a forma sibilina e manipuladora de dar esta “información”. As preguntas do millón son as seguites: ¿Porqué se fixeron as probas ás persoas que resularon afectadas? ¿Cando se detectaron estes catro casos? ¿Cal foi o primeiro? ¿Cal é a responsabilidade dos xestores neste proceso?.
Véxase o paralelismo entre este brote e o que sucedeu na Residencia de San Sebastián e San Lázaro (antigo Asilo) no mes de decembro pasado. Daquela unha persoa non autorizada accedeu ás instalacións provocando (presumiblemente) perto de 30 contaxios dos que tres residentes resultaron falecidos. O mesmo que agora, agochouse cal foi o primeiro caso e según o Sr. Alcalde non había que facer caso da rumoroloxía. Ou sexa botar fume sobre os feitos para eludir calquer responsabilidade.
Pola outra banda en La Comarca del Eo do día 19 de Xunio o Sr. Alcalde de Ribadeo publicaba un artigo autolaudatorio celebrando os dous anos da nova residencia e de vagar esquecendo a laboura decisiva da Plataforma Pro Residencia e concretamente de José María Rodriguez (qepd) na consecución de este servizo, sen a cal nunca se houbese chegado a conquerilo por razóns que son de sobras coñecidas. E nese mesmo artigo do Sr. Alcalde dice expresamente: “… unha xestión pública e directa por parte de duas administracións, o Concello e a Deputación, para xestionar a vida, a longa vida diría eu, dos seus moradores…”
A cuestión é moi sinxela: ¿Porqué, hai mes e medio, a xestión era do Concello e a Deputación e agora o Concello non ten nada que dicer cando hai catro persoas infectadas e claros indicios de neglixencia?.
A falla de información e o manexo partidista da mesma é unha constante dende o comezo deste goberno municipal. Mesmo a participación da veciñanza rexeitase sistemáticamente ata chegar a esquecer iniciativas tan determinantes como a xa citada da Plataforma Pro Residencia. O modelo recorda aquela práctica dos dictadores que borraban das fotos ás persoas que lles quitaban protagonismo ou resultaban molestas ou desafectas.
Para rematar lembraremos que nos tres últimos anos houbo varios intentos de constituir unha asociciación de familiares, usuarios e veciños para participar na xestión dos servizos sociais en Ribadeo e concretamente da nova Residencia da Terceira Edades sen que por parte do concello se dese nengún tipo de apoio e ainda ben se chegou a poñer dificultades. Na mesma línea temos proposto, en varias ocasións, a necesidade de crear un Consello de Saúde Municipal onde tivesen representación todas as asociacións e colectivos interesados para en primeiro lugar transmitir información, coordinar actividades, propoñer proxectos, etc. O novo brote de Covid-19 na Residencia da Terceira Edade e a falla e manipulación da información por parte dos xestores é un exemplo da prioridade deste obxectivo.
Evaristo Lombardero Rico


















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



