Compostela, 2 de setembro, 2021. Ecoloxistas en Acción advirte que son diversos os estudos científicos, algúns deles feitos en Galicia, que asocian a siniestralidade nas vías de comunicación terrestre con especies cinexéticas. Así, o número de accidentes de tráfico con xabaríns ou corzos aumentan no período de caza cando os animáis de ven desprazados fuxindo dos cazadores dende os seus territorios habituais.
En ditos estudos aseguran que a resposta de especies como o xabarín perante á presión cinexética exercida polo ser humano é adiantar o período fertil das femias e aumentar a tasa de natalidade. Deste xeito un aumento da presión cinexética sobre o xabarín, lonxe de controlar a súa poboación, provoca un aumento da mesma.
Ecoloxistas en Acción pon o foco tamén na seguridade do resto de usuarios dos montes galegos: “Pode a Xunta de Galicia garantir a seguridade de senderistas ou turistas cun período de caza extendido durante todos os días do ano? Cómo vai repercutir esta medida en zonas de turismo interior como a Ribeira Sacra ou As serras Orientais como Ancares, Courel ou Trevinca?” pregunta Alberto Riveiro, voceiro de Ecoloxistas en Acción Galiza, xa que a liberación da caza do xabarín provocará un aumento dos accidentes de tráficos asociados á especie e un risco claro para a vida das persoas que paseen polo monte.
A organización ecoloxista reclama a instalación de pasos de fauna nos puntos de concentración de atropelos de fauna e a protección estricta do lobo en todo o territorio galego.
Ecoloxistas en Acción amósase sorprendido de que a Xunta de Galicia opóñase á protección do lobo anunciada polo Ministerio para la Transición Ecológica y Reto Demográfico para este mes de setembro e ao mesmo tempo anuncie unha suposta superpobocación de xabarín e corzo, principais presas do lobo. Para o control destas especies o máis doado, económico e seguro é protexer o lobo e non converter o monte galego nun campo de batalla entre o home e a fauna autóctona galega.
A idade media dos cazadores en galicia é superior aos 60 anos e sucédense “accidentes de caza” a cotío. Por iso sinalan que a Xunta será o responsable das vítimas humanas desta guerra absurda contra a fauna. Ademais resaltan as batidas non van estar controladas, xa que sen reforzos a gardería medioambiental carece de medios humanos e materiais para asumir unha batida permanente de caza no 60% do territorio.
Ecoloxistas en Acción reclama a obrigatoriedade de controis de alcolemia e drogas tanto previos como posteriores á realización de calquera actividade cinexética e o reforzamento da gardería medioambiental con medios humanos e materias da gardería medioambiental. Lembran que na actualidade hay un exiguo número de axentes medioambientais enfrontándose a un exército de cazadores nada máis que provistos dunha libreta e un bolígrafo. Carecen alcolímetros para garantir unha tasa 0 de alcol no exercicio da caza, e con diversas terefas máis que facer como o control da pesca, das verteduras ilegais ou dos incendios.
Ecoloxistas en Acción reclaman un estudio científico, serio e independente que estude se realmente existe unha superpoboación de xabarín en Galicia antes de decretar a masacre indiscriminada desta especie.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



