Foz, 3 de setembro de 2021. O Concello de Foz adxudicou por 60.984,99 euros, consignados con fondos propios, o reacondicionamento da cafetería do Centro Social -o bar dos xubilados- e as obras de reforma da planta administrativa de Asuntos Sociais.
A adecuación do bar dos xubilados supón 43.084,99 euros de investimento e as obras na planta administrativa de Asuntos Sociais ascenderán a 17.900 euros.
O alcalde, Fran Cajoto, anuncia tamén a licitación das obras de ampliación do Centro de Seguridade Viaria situado no peirao, que “albergará un local axeitado para as necesidades do colectivo de discapacitados e permitirá que a Asociación Virxe do Carme poida continuar co seu gran labor, por un importe de 58.834,29 euros”. O prazo de presentación de ofertas remata o 22 de setembro.
O rexedor municipal explica: “sempre cumprimos cos nosos maiores e vámolo seguir facendo. Non con palabras ou discursos, preferimos demostrar o noso compromiso con feitos. Cremos que recuperar o bar dos xubilados como punto de reunión dos nosos maiores é unha necesidade. Así fora concibido. Debemos cumprir a normativa de accesibilidade e facer unha cafetería cómoda e atractiva, adaptada ás persoas que teñen dificultades de mobilidade. Reformaranse os baños para que poida acceder unha cadeira de rodas, a cafetería contará cunha entrada propia desde o exterior e abriremos unha terraza sobre o peirao de Foz. Estamos desexando ver o resultado e que estea á altura dos xubilados de Foz”.
Fran Cajoto destaca que “unha vez feita a reforma, o Concello de Foz procederá a sacar a concurso público a concesión da cafetería. Agardamos que o proceso sexa o máis áxil posible, para que os nosos maiores poidan desfrutalo canto antes. Esta obra súmase a outras iniciativas do Concello para facer un Foz máis cómodo para a terceira idade, como a rampla de acceso á residencia e as actuacións que se están a facer nas rúas de Foz, como a recente urbanización da rúa Julia Minguillón ou o convenio asinado esta semana para a demandada obra de beirarrúas ata o cemiterio. Ademais vaise a reformar a planta administrativa de Asuntos Sociais. Debemos atender da mellor forma posible aos colectivos máis vulnerables, que acoden ao Concello como administración máis próxima para expoñer os seus problemas; é a nosa máxima prioridade”.
E a concelleira de Servizos Sociais e Familia, Ana Rojo, manifestou: “faime especialmente ilusión, xunto co alcalde e o resto de concelleiros do equipo de goberno, poder trasladar ós veciños e veciñas, ós nosos maiores, que en poucos días, van comezar as obras de reforma do local social dos xubilados, que necesitaba reformarse, acondicionarse e adaptarse a nova normativa. Dende sempre a reforma do local sempre estivo na nosa folla de ruta, o noso compromiso de goberno é con todos os veciños e veciñas pero tamén concretamente cos nosos maiores. O tempo quita ou dá razóns: neste caso o proxecto acadado no seu momento e o traballo dará os seus froitos en breve, cun local totalmente reformado e acondicionado, para uso e disfrute dos maiores, xubilados e veciños de Foz, onde poderán pasar horas de lecer coas mellores vistas”.
Ana Rojo engade: “tampouco nos esquecemos dos nosos rapaces (fillos de xubilados de Foz) da asociación Virxe do Carme, que tamén terán noutro lugar o seu espazo acondicionado, para poder levar a cabo traballos de orientación e inclusión na vida social, como corresponde. Tamén se procederá á reforma das oficinas de servizos sociais, obra necesaria de ampliación de despachos, arquivo, baños, sala de espera, etcétera. Así poderase atender ós usuarios con máis privacidade, cun servizo de atención máis personalizado se cabe, buscando sempre o benestar dos usuarios e dos propios traballadores do centro social”.





















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



