Viveiro, 14 de setembro de 2021. Unha ollada ao estado do casco histórico de Viveiro é suficiente para comprender a falta de eficacia do goberno municipal, presidido pola socialista María Loureiro, segundo sinala o portavoz popular, Óscar Rodríguez. Con todo, ese mesma falta de xestión causa, di Rodríguez, graves inconvenientes nas parroquias do municipio. Como exemplo pon a Galdo, onde as infraestruturas ou son inexistentes ou non reúnen as condicións necesarias para o seu uso en condicións de seguridade.
Óscar Rodríguez sinala: “O que ocorre en Galdo é un capítulo máis desa novela negra que ten por protagonistas, grazas ao goberno municipal, ás parroquias de Viveiro; a de Galdo é unha situación extrapolable ao resto. Hai un deterioro tremendo, inxustificable, das nosas parroquias, debido ao deixamento impresionante co que opera o equipo de goberno do Concello”.
O portavoz municipal sitúa o foco sobre o inacabado saneamento: “Se alguén vai a Galdo e dá unha volta polo campo da feira verá o improvisado taboleiro de anuncios que hai alí colocado, no que a asociación de veciños vai recollendo a cronoloxía do que acontece co saneamento. Vai para tres anos que se empezou e neste tempo só fixeron unha pequena canalización que está sen conectar; o resto está sen facer. Ese é o resultado dos tres anos de intento de construír o saneamento en Galdo”.
Por outra banda, Rodríguez sinala que “acaban de asfaltar unha pista, a de Portochao polas Engrobias; é de dobre sentido e só ten dous-tres metros de ancho; o perigo é tremendo para vehículos e peóns”. Di que “ hai puntos nos que nas marxes hai desniveis de cincuenta centímetros; é case seguro que haberá danos materiais e esperamos que nos os haxa tamén persoais”.
Por último, Óscar Rodríguez destaca que “en pleno campo da feira hai árbores que chegan ás fachadas das casas e montes sen limpar lidando cos edificios”. Avisa de que “é un perigo tremendo”. En resume, destaca que todo isto “é unha mínima parte do que está acontecendo en Galdo, pero é penoso”.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.


