Foz, 17 de setembro de 2021. O Concello de Foz segue traballando na mellora dos seus recursos electrónicos e na atracción de poboación fixa. Mañá, sábado, ás 20 horas no salón de actos do Cenima farase unha presentación de dous novos proxectos que se prepararon durante os últimos meses: un novo banco de fotos municipal e un vídeo para unha campaña promocional que busca atraer poboación que escolla Foz como a súa residencia definitiva e o seu lugar de traballo.
O concelleiro de Turismo, José María Linares, explica que “o banco de fotos créase con intención de que o Concello teña recursos gráficos para a promoción turística, xa que non se contaba con imaxes para a creación de carteis, difusión de recursos e outros traballos. Ademais este é o primeiro paso para a nova web de turismo de Foz, na que se está a traballar”.
A edil de Emprego e tenente de alcalde, Inés López Couto, destaca que “para un concello coma Foz é prioritario fixar poboación e que resulte un lugar atractivo para a xente nova de cara a establecerse e iniciar un proxecto de vida. Temos as condicións para que Foz se converta no lugar de residencia habitual para todas aquelas persoas que teletraballan, que poden exercer a súa profesión a distancia: dispoñemos de fibra óptica da máis alta velocidade nas 9 parroquias, 5 colexios, instituto, centro de saúde, hospital ben preto, oficinas bancarias, servizos e restauración durante todo o ano,…”.
O alcalde, Fran Cajoto, explica cal é a intención do equipo de goberno con esta promoción: “queremos potenciar unha tendencia que xa se está a manifestar, traballamos para iso. Cando chegamos ao concello apenas superabamos os 10.000 habitantes e agora xa sumamos máis de 10.300 habitantes censados. Foz é un lugar ideal para vivir e temos que estar á altura, as oportunidades hai que aproveitalas. Fíxose un vídeo promocional que reflexa moi ben o que é Foz. Desde o Concello queremos dar ás grazas aos profesionais que traballaron e sobre todo a todas as veciñas e veciños que participaron no vídeo e que o fixeron sen ningunha contraprestación; o resultado verémolo en pouquiñas horas nas redes sociais”.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



