Lugo, 23 de setembro de 2021. Foz, Burela, Cervo e Viveiro acollerán esta fin de semana o Torneo Lugo é Basket Formación, organizado pola ASXC Sagrado Corazón coa colaboración da Vicpresidencia da Deputación de Lugo
Dezaseis equipos das categorías infantil e cadete de toda Galiza -entre eles conxuntos do CB Burela e os lucenses ASXC Sagrado Corazón e Maristas – disputarán o torneo, que se presentou esta tarde no pavillón Torques de Marzán de Foz, nun acto no que estiveron prsentes deputado de Deportes, Efrén Castro, o tenente de alcalde de Foz, Xavier Fanego, e o responsable da ASXC Sagrado Corazón, Rubén Engroba, así como os concelleiros de Deportes de Cervo, David Rodríguez, e Burela, Ramiro Fernández.
O torneo ofrece a xogadoras e xogadores das categorías de formación unha oportunidade para mellorar as súas cualidades e prepara a vindeira tempada, a piques de comezar, como destacaron desde a organización. “Grazas á colaboración económica da Vicepresidencia da Deputación e á cesión dos espazos por parte dos concellos, poremos en marcha un torneo de nivel deportivo, tanto pola presenza de equipos de categoría autonómica chegados desde fóra da provincia como polo nivel das pistas de xogo”, aseverou Engroba.
O deputado de Deportes, Efrén Castro, quixo poñer de manifesto “a calidade deportiva do evento, que ofrece a xogadoras e xogadores de base excelente organización do evento por parte da AXSC Sagrado Corazón, previo ao inicio da tempada deportiva e que ofrece unha oportunidade a xogadoras e xogadores de entre 12 e 15 anos de competir contra equipos de toda Galiza”. Un evento que “funcionará como antesala da tempada, o mellor dos adestramentos”, subliñou Castro. Por outra banda, desde a Deputación Provincial, a través da Área de Deportes, “apoiamos este torneo que fomenta o deporte de competición entre xogadoras e xogadoras moi novos e que conta ademais coa colaboración de 4 concellos”, contribuíndo a “ promocionar o tránsito de persoas na comarca, nomeadamente nos concellos que acollen sedes, de xeito que repercutirá positivamente na economía do comercio e hostalería da zona”.
O Lugo é Basket Formación reunirá ao redor de 200 deportistas de 16 equipos, o que, segundo os datos da organización, “contando tamén coa presenza de público asociado, traducirase nunhas 500 persoas durante a fin de semana percorrendo os distintos concellos colaboradores”.
No que atinxe á organización, participarán catro equipos por categoría, que disputarán o torneo en formato de liga a unha volta, todos contra todos, cun total de tres encontros por equipo. As pistas onde se celebrarán os partidos son de nivel I de Federación Galega de Baloncesto, con marcador visual e todas as necesidades técnicas e de loxística. Ademais, o torneo estará arbitrado por colexiados e oficiais da Federación Galega de Baloncesto.
O pavillón municipal de Viveiro, o da Veiga en Cervo, o de Vista Alegre de Burela e o de Torques de Marzán en Foz serán as sedes onde se celebrarán os partidos, atendendo as normas de prevención fronte á Covid 19 vixentes.


























O acto inaugural tivo lugar no exterior da Casa do Concello ás 12.00 horas. O primeiro espectáculo foi a proposta itinerante ‘Animacreques’ da Compañía Catropés. A xornada completouse coa representación ás 13:00 horas na Praza da Pulida de ‘Historias para escagharriñarse’, da Compañía Teatro Ghazafelhos. Posteriormente, ás 21:00 horas e no mesmo escenario, a Compañía Colectivo Glovo representará ‘Tríade e Alleo’.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



