Foz, 24 de setembro de 2021. A Escola de Música de Foz pasa por momentos moi difíciles, como consecuencia da mala xestión levada a cabo polo goberno municipal. A presentación da dimisión por parte do seu director, Felipe Sánchez, agrava ata o extremo os problemas que se viven neste centro. O Partido Popular de Foz considera “inaceptable a actual situación da Escola de Música de Foz, polo que se o equipo municipal de goberno non é capaz de resolvela, debe dimitir”.
O portavoz municipal do PP, Javier Castiñeira, sinala: “Evidentemente este é un problema de índole maior; é a peor crise que está a vivir a escola de música de Foz, no peor momento, dende que foi fundada por Manuel María Neira e Arcadio Mon. Son precisamente os valores de Arcadio Mon os que se están vendo vulnerados a día de hoxe polo equipo de goberno, que intenta botar a culpa aos traballadores cando realmente a culpa a ten a súa inacción”.
Castiñeira lembra que “a Escola de Música foi medrando nos últimos anos, non só en número de alumnos e de horas lectivas, senón tamén en espazo. Agora hai que tomar decisións”. Insta “ao goberno municipal a que inmediatamente se sente a traballar tanto con Felipe Sánchez como coa AMPA da Escola de Música e co resto de grupos dos partidos políticos. Hai máis solucións; el xa o sabe e nós xa llas dixemos”.
O portavoz popular ten claro que “a solución non pasa porque Felipe Sánchez renuncie a ser director da Escola; en todo caso, se alguén debe dimitir, debe renunciar é o equipo de goberno, por non dar solucionado un problema tan grande como o que ten a día de hoxe a Escola de Música”.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



