Foz, 28 de setembro, 2021. O BNG de Foz aposta de maneira decidida polas enerxías renovables, pero entende o vento como un ben público cuxo aproveitamento na produción de electricidade debe repercutir no conxunto da cidadanía, e especificamente nos territorios onde se xera, ademais de defender a participación pública na planificación e no desenvolvemento do sector enerxético en xeral, e do eólico en particular. Galiza é excedentaria no mix de renovables e, polo tanto, non semella que sexa o momento de impulsar unha carreira descontrolada de implantación de novos parques eólicos, senón máis ben desenvolver a potencia eólica dun xeito racional, sostible e ordenado. Nos proxectos eólicos planificados para a comarca, prevalecen os intereses dos grandes grupos económicos vinculados co sector enerxético. Estes proxectos non teñen en conta as necesidades enerxéticas da Galiza nin tampouco outras cuestións, como o interese das comunidades locais, a protección do territorio e a compatibilidade coas actividades socioeconómicas.
O BNG de Foz acredita que o proxecto Borrasca deseñado por Greenalia, é un proxecto cun impacto ambiental descomunal como son os aeroxeradores de 180 m. Pero as “autopistas” de acceso e as torres de evacuación impactarán tamén sobre as 3 Áreas da Rede Natura do noso Concello, sobre nove espazos no noso concello considerados hábitats de interese comunitario prioritario po la Unión Europea, e tres Bens de Interese Cultural (dous deles que quedarían no medio do parque). Mais aló este parque podería estar intentando obviar unha avaliación mais rigurosa, a dun impacto ambiental xigantesco po la súa vinculación directa cos parques Ventisca e Boura. Por riba o proxecto non se axusta ao denominado Plan sectorial eólico de Galicia, instrumento obsoleto pero vixente ao ficar no seu conxunto fora das chamadas Areas de Desenvolvemento Eólico. É preciso que a planificación eólica da Xunta e máis aló a conxunta co Estado, esté fundamentada en criterios de proporcionalidade, racionalidade e equilibrio xunto con garantías de protección do patrimonio natural, cultural e paisaxístico respectando o desenvolvemento e mantemento de actividades de aproveitamento agrícola e forestal.
É por este motivo, que propoñemos o rexeitamento ao PE Borrasca, polo grave impacto no Concello de Foz nos seus espazos naturais, patrimoniais, e paisaxísticos sobre a Mariña, por incumplir a normativa da Xunta de Galiza e por ser evidente a fragmentación artificial de parques nas avaliacións ambientáis dos denominados Borrasca, Ventisa e Boura en tramitación.



















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Son 15 os postos instalados nos que os asistentes poderán atopar complementos de moda e téxtis, marroquinaría, xoiaría, teas, sombreirería, bixutaría, xoguetes ou esmaltes. Esta feira está percorrer diversas localidades e cidades galegas para dar a coñecer o traballo dos artesáns galegos. Polo recinto pasaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz.
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna hoxe ao monolito da Cadeir a, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show mañá, ou unha ruta turística o domingo. Ademais, haberá sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.



