A Mariña, 3 de outubro, 2021. “Os éxitos do PP nas autonómicas son porque o PSdeG non logrou conectar coa sociedade galega”, sinalou Valentín González Formoso na súa visita hoxe, domingo 3 de outubro, á comarca da Mariña lucense no camiño cara a Secretaría Xeral do PSdeG-PSOE. Un camiño que define coo “moi ilusionante” e no que ten o obxectivo de reconectar ao partido cos galegos e as galegas xa que
“Somos moitos e moitas os que estamos convencidos de que hai que volver a reconectar coa sociedade galega para evitar que as políticas de dereitas se implanten en Galicia”, subliñou González Formoso no seu encontro coa militancia de Viveiro. Ademais, lembrou que “Galicia non é do PP, é de quen a entenda e temos a responsabilidade de aspirar a gobernar Galicia, non conformamos con ser a terceira forza”.
O candidato está a percibir na militancia “unha necesidade de cambio de modelo dentro do partido” e cree que “os e as galegas nos mandaron unha mensaxe moi clara nas eleccións autonómicas, onde nos dixeron directamente: fomos quen de outorgarvos a confianza para que Pedro Sánchez gañase as eleccións xerais en Galicia e hoxe goberna no Estado, fomos quen de darvos a confianza para que 111 alcaldías en Galicia estean ostentadas por compañeiras e compañeiros socialistas, gobernamos tres das catro Deputacións provinciais por primeira vez na historia, na provincia da Coruña temos máis alcaldías que nunca pero, en cambio, o proxecto para Galicia non conecta coa sociedade”.
Por todo isto, observa que “a militancia pide unha revolución, un cambio, que reconectemos coa sociedade galega a curto prazo porque son moitísimos temas, e moi importantes os que están acaecendo e que necesitan do PSdeG, da social democracia, que é a ideoloxía que protagonizou os mellores cambios deste país”.
Antes de chegar a Viveiro González Formoso reuniuse coa militancia de Cervo e, xa pola tarde, fixo o propio coa de Burela e Fo. En todos estes encontros está a notar “unha gran conexión cos compañeiros e compañeiras doutras provincias” e “este percorrido, esta campaña en positivo, o que fai é enriquecernos como partido, poñernos en valor diante da sociedade galega e comprobar que o partido socialista ten en cada recuncho do país moitísimo talento que está dalgún xeito desaproveitado e que ten que agromar ao servizo de Galicia”.
Defensa da industria fronte á inacción da Xunta
González Formoso fixo na Mariña unha defensa da ‘O’ de ‘Obrero’ que forma parte das siglas do PSOE e apostou por “un PSdeG forte, que defenda ao sector industrial e aos seus traballadores e traballadoras fronte á inacción da Xunta de Galicia”, facendo unha referencia concreta a “unha comarca que está sufrindo duros golpes, o último o peche de Vestas e ntes os problemas de Alcoa”.
“O que queira apostar polos recursos naturais de Galicia ten que apostar por Galicia e por xerar emprego na nosa terra xa que o futuro destes pobos da Mariña depende de que a mocidade se quede e teña a posibilidade de desenvolver aquí a súa vida sen ter que marchar na busca de oportunidades laborais”, afirmou o candidato.
No eido da sanidade, Formoso foi rotundo ao afirmar que “Burela non pode ser o PAC da Mariña” e fixo referencia á “importancia de defender o hospital de Burela fronte ás ameazas, dotándoo de recursos e do persoal especialista adecuado para prestar un servizo tan importante como o é a sanidade”.





















Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



