Felicidades, Pilar. Hoxe é 12 de outubro, o día do teu santo. Crea ou non na santidade (eclesiástica), ti podes tratalo como un día a ti adicado no ano. Se queres, unha menudencia, pero útil, que te achega un día diferente, que pode romper a monotonía diaria e facerte sentir máis viva, máis feliz, aínda que só sexa por iso de que de ilusión tamén se vive.
Imos deixar aparte que se diga que é o día ‘do Pilar’ para abreviar que sexa o día adicado pola igrexa a ‘A Nosa Señora do Pilar’, obviando a virxe para quedarse coa columna que mantén e ensalza a súa pequena figura material.
Tamén é o día ‘da Hispanidade’. Copio o que di a Galipedia sobre a Hispanidade a modo de introdución do artigo correspondente:
Hispanidade (Hispanidad en castelán) é un concepto político que apareceu a comezos do século XX para chamar ás persoas, países e comunidades que teñen o idioma español e posúen unha cultura relacionada con España. O termo quedou fixado ao utilizalo Ramiro de Maeztu na súa obra “Defensa de la Hispanidad” en 1934. Adoita incluírse nela aos estados que teñen o castelán como lingua oficial e os seus falantes.
Na edición en castelán da Wikipedia, o segundo parágrafo refírese a outra cousa con outra historia:
El término fue acuñado en el siglo XVI pero fue recuperado por el filósofo español Miguel de Unamuno en 1909. Ganó popularidad en España e Hispanoamérica durante el periodo de entreguerras, sobre todo en círculos políticos de derecha, nacionalistas o reaccionarios. Se asocia al catolicismo, o también a la idea de catolicidad siendo uno de sus pilares fundamentales, sin excluir otros dogmas religiosos diferentes al catolicismo u otras formas de creencias, pensamientos e ideologías, así como a la celebración del Día de la Raza, actualmente celebrado en España como Día de la Hispanidad.
Se alguén non se fía da Wikipedia, pode acudir a outras fontes e ver que pode quererse impoñer unha idea de ‘hispanidade’, pero é algo plural, que non todo o mundo entende igual. Mesmo o ‘día da Hispanidade’ é recoñecido legalmente non como tal, senón como o ‘día Nacional de España’, segundo a lei 18/1987, de 7 de outubro, que nos seus motivos aclara:
‘La fecha elegida, el 12 de octubre, simboliza la efemérides histórica en la que España, a punto de concluir un proceso de construcción del Estado a partir de nuestra pluralidad cultural y política, y la integración de los Reinos de España en una misma Monarquía, inicia un período de proyección lingüística y cultural más allá de los límites europeos.’
É dicir, no ano 1987 tíñase claro que había que deixar atrás o da ‘conquista’ e demais, incluído a referencia asociada de raza predominante, concepto este último que aínda é o día a día da estrutura social en países suramericanos. Coido que non debe estrañar que en América se mire cando menos, con recelo, despois da celebración imperial durante a ditadura. Pode resultarnos difícil comprender, a quenes fumos ensinados nesa ditadura que Colón foi un abandeirado da conquista, o ver que se derriban as súas estatuas, pero non están derribando o monumento ó navegante que abriu camiños entre mundos, senón ó que abriu unha ruta unidireccional que fixo posible a desaparición de xente e culturas durante séculos despois das súas viaxes.
Por último neste pequeno repaso a algunhas cousas asociadas por estes lares co 12 de outubro, algo que, cando menos, pode cualificarse como ‘unha curiosidade’: o texto da lei do día nacional de España é accesible na páxina do BOE en castelán e tamén noutra lingua peninsular, o catalán, pero non en galego ou vasco.



















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



