Viveiro, 18 de abril, 2026. O BNG de Viveiro denuncia o comportamento sectario do goberno local do Partido Popular con motivo da visita institucional da conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, na que se presentou o inicio das obras destinadas a reducir o risco de inundación en Xunqueira e a mellorar a contorna do río Fontecova.
Tras comprobar nas imaxes publicadas nas canles da conselleira que á presentación asistiron militantes do Partido Popular, a portavoz do BNG, Iria Cotelo, critica que este acto “fose capitalizado polo goberno local, usándoo como unha ferramenta ao servizo do Partido Popular”.
Malia que o proxecto está financiado a tres bandas con fondos europeos a través da Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o propio Concello de Viveiro, o goberno local non avisou da presentación ás demais forzas políticas. “É inaceptable que o goberno local chamara á súa militancia e excluíra aos cargos públicos do concello e doutras institucións como a Deputación”, sinala Cotelo.
Neste sentido, indica que o BNG, como grupo municipal que forma parte da corporación do Concello de Viveiro e que tamén contribúe ao financiamento da actuación, non foi informado da visita. Segundo denuncia, trátase dunha práctica que “se está volvendo habitual”. Lembra, ademais, que esta mesma situación xa se produciu recentemente coas visitas da conselleira de Política Social e da conselleira de Pesca, nas que tampouco recibiron comunicación previa.
Cotelo afirma que “estamos ante unha actitude reiterada de falta de respecto institucional. O goberno municipal está a converter actos que son de todas e todos nun escaparate partidista, priorizando os intereses do Partido Popular por riba do respecto democrático”.
A portavoz nacionalista engade que “é inaceptable que se nos exclúa sistematicamente deste tipo de visitas oficiais, o que evidencia unha forma de gobernar baseada no sectarismo e na apropiación das institucións públicas”.






















A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



