Carmela López reuniuse este venres en San Caetano co Conselleiro de Presidencia para abordar as alegacións que a institución provincial presentou ao documento, deixando patente que “se imos ter máis competencias, debemos saber cales son e canto diñeiro nos van transferir para poder asumilas”
Lugo, 17 de abril de 2026. A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, reuniuse este venres en San Caetano co Conselleiro de Presidencia da Xunta de Galicia, Diego Calvo, para analizar as alegacións presentadas pola institución provincial ao Anteproxecto de Lei da Administración Local de Galicia (ALALG). No encontro tamén participaron o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón; o secretario da Deputación, José Cillero; a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto; o secretario xeral da Xunta de Galicia; e dúas subdirectoras de Administración Local da Xunta de Galicia. O encontro dá continuidade ao mantido hai menos dun mes co Presidente da Xunta, Alfonso Rueda.
López sinalou durante a reunión que “a Deputación de Lugo non vén a bloquear nada. Queremos unha lei de administración local para Galicia, pero queremos unha lei que sexa útil para todos (Xunta, Deputacións e Concellos)”. A Presidenta agradeceu ademais o ton institucional do encontro e a vontade de escoita mostrada pola Xunta de Galicia ás alegacións presentadas pola Deputación.
Avances
No encontro, a Deputación de Lugo logrou que a Xunta se abra a reformular o modelo de obrigas que o anteproxecto impón ás deputacións provinciais e aos concellos. Neste sentido, ambas partes comprometéronse a estudar cambios nun texto que, na súa redacción actual, amplía de forma substancial as obrigas destas administracións sen prever financiamento. “Se imos ter máis competencias, debemos saber cales son e canto diñeiro nos van transferir para poder asumilas”, subliñou a Presidenta, quen advertiu de que o anteproxecto, tal e como está formulado, “vulnera o artigo 142 da Constitución: se me das competencias, dáme os medios”.
Ademais, a Deputación logrou que a Xunta elimine o artigo 95, referido á autoorganización das deputacións, que outorgaba á Administración autonómica unha competencia de coordinación en servizos sociais sen definir nin limitar o seu alcance.
No ámbito territorial, a Presidenta conseguiu tamén que o anteproxecto inclúa unha referencia ás parroquias, recoñecendo o seu carácter identitario en Galicia, ausente na redacción inicial do texto.
En relación co financiamento local, a Xunta aceptou estudar a proposta da Deputación de establecer unha porcentaxe mínima garantida sobre o Orzamento autonómico para o Fondo de Cooperación Local, co obxectivo de dotar de maior estabilidade e previsión aos recursos dos Concellos.
Competencias e organización territorial
A Deputación insistiu na necesidade de clarificar as competencias e servizos obrigatorios dos concellos e deputacións. Neste sentido, a Xunta comprometeuse a mellorar o texto para diferenciar con claridade que funcións son obrigatorias e cales non, co fin de evitar inseguridade xurídica nas entidades locais.
Actualmente, o anteproxecto asigna aos concellos un listado de competencias sen distinguir entre obrigatorias e optativas, o que dificulta a súa aplicación práctica, especialmente nos municipios de menor tamaño.
Reto demográfico
A definición de municipio en reto demográfico do artigo 72 foi outro dos puntos abordados. A Deputación considera que resulta ambigua ao non deixar claro se deben cumprirse de maneira simultánea os criterios establecidos.
A este respecto, a Xunta “comprometeuse a aclarar que todos os criterios se deben dar de maneira simultánea, un feito que axudará a ter definido claramente cales son os concellos que se ampararán neste paraugas, pero alertarmos de que non se concretan nin plans nin medidas concretas para estes concellos”, advertiu.
Fusións municipais
A Xunta mantén o artigo 40, relativo ás fusións municipais, unha medida que a Deputación rexeita. A institución provincial defende que xa existen mecanismos máis garantistas para este tipo de procedementos
“Un municipio que leva anos sen recursos, que perde poboación e que non pode prestar servizos porque ninguén o financiou para iso, non pode ter como única saída desaparecer”, advertiu a Presidenta.
Fondo de Cooperación Local
A Deputación conseguiu que a Xunta aceptase estudar a proposta de establecer unha porcentaxe mínima garantida sobre o Orzamento da Xunta para o Fondo de Cooperación Local. Deste xeito, os Concellos poderán saber con que ingresos contan cada ano, sen depender da vontade política do Goberno Autonómico.
Respecto ás variables de reparto, a Deputación mantén que no Anteproxecto a dispersión poboacional está infraponderada fronte á superficie —cando en Galicia o verdadeiro sobrecusto vén dos centos de núcleos pequenos— e que a definición do esforzo fiscal non mide o esforzo real e penaliza aos municipios organizados en mancomunidades.



















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



