
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, acompañada polo director do Igape, Fernando Guldrís, e polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participa na mesa industrial de Vestas.
Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2021. A Xunta comprometeuse hoxe na segunda reunión da mesa industrial de Vestas -que se celebrou en Santiago de Compostela- a levar a cabo “unha busca activa” de compradores que queiran adquirir a factoría de Viveiro, en aras de manter a actividade económica e o emprego desta compañía, unha alternativa para a que agarda contar coa participación do Executivo central. O Goberno galego propuxo esta alternativa para evitar o peche definitivo da fábrica, despois de que a empresa rexeitara as axudas económicas que a propia Xunta como o Estado ofreceron hoxe, ben a través de préstamos con carencia de interese “moi baixo” ou por medio de axudas a fondo perdido para apoiar a transformación industrial da fábrica co único obxectivo de manter a produción e os postos de traballo.
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana -que acudiu á reunión acompañada polo director do Igape, Fernando Guldrís, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias- lamentou que a empresa se negara a optar a estas axudas destacando que “non teñen intención de levar a cabo ningún plan de reindustralización na factoría”. Neste senso, Lorenzana explicou que a empresa ofreceuse a traballar “soamente” no seo da mesa laboral, nun plan de mantemento de parte da actividade que se centraría no ámbito da formación e dos servizos.
Con respecto á busca de posibles compradores, a empresa comprometeuse, entre hoxe e mañá, a trasladarlle á Xunta a información que lle solicite para poder facer un estudo. “Traballaremos todo o axiña posible para a busca dun comprador, xa que os prazos do ERE son moi axustados porque o 28 de outubro remata o prazo de tramitación”, subliñou a conselleira. Antes de que remate este prazo, a Xunta convocará outra reunión da mesa industrial.
Á segunda mesa industrial, convocada pola Administración autonómica e celebrada hoxe, tamén acudiron representantes do Goberno central, da empresa, do comité de empresa e dos sindicatos.























No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



