Lugo, 14 de outubro de 2021. O Comité Executivo do PP da provincia de Lugo vén de aprobar por unanimidade o equipo que, en palabras da presidenta provincial, Elena Candia, ten por obxectivo traballar por e para a provincia de Lugo. Trátase, dixo, dun grupo “renovado, comprometido, emocionante e gañador, co que acadaremos os principais obxectivos para a nosa provincia e defenderemos os intereses de todos os lucenses”.
Xunto coa presidenta, acompañarana o actual vicepresidente segundo da Xunta de Galicia, que será o novo vicepresidente do partido, Francisco Conde, así como o actual xefe territorial de Política Social, Javier Vázquez Nodal, que será o novo secretario xeral do partido en Lugo. Javier Vázquez Prado, concelleiro do partido no concello de Lugo, foi nomeado novo secretario de Organización.
O comité terá once vicesecretarías, sete coordinadores sectoriais e os vogais. Candia destacou firmemente que a súa intención é “abrir ou facer partido aos militantes e á sociedade lucense”. Elena Candia, despois de presentar aos membros do comité executivo, explicou que “o noso único compromiso é traballar por e para a provincia, intentar chegar aos gobernos das institucións onde non exercemos responsabilidades de goberno na actualidade, co obxectivo de xestionar esas institucións para mellorar a calidade de vida dous veciños e veciñas da nosa provincia”. A este respecto, a popular referiuse ao PSOE “para que deixe de usar as institucións como instrumento onde tenta rachar desacordos internos”. A presidenta destacou que “neste equipo, ao cal se unirán máis persoas, temos un proxecto para a provincia, somos xestores, coñecemos as necesidades, pero a diferenza de PSOE e BNG, sabemos como cubrilas”.
Vicesecretarías
Xunto a estes nomeamentos, a presidenta nomeou 11 vicesecretarios;
Cristina Abades Martínez, acción social
Cristina Sanz Arias, acción económica
Susana López Abella, igualdade
Eva María López Moreira, comunicación
José Manuel Blanco Vila, novas tecnoloxías
Patrica Teijeiro Álvarez, xuvenil
José Manuel López Rodríguez, desenvolvemento da afiliación e programas
Alfonso Villares Bermúdez, coordinación das institucións
Margarita López Blanco, acción ambiental
Enrique Rozas López, política municipal
6 coordinadores territoriais;
José Ulla, Vilalba
Demetrio Salgueiro, Mondoñedo – Mariña
Eloy Pérez Sindín, Chantada
Xesús Manuel Núñez, A Fonsagrada – Montaña
Héctor Manuel Corujo, Lugo
José Manuel Arias – Monforte
Sectoriais:
Coordinador Sectorial: Olga Iglesias Fontal. Desta dependerán:
Encarna Amigo, Sanidade
Begoña Gaute, rural
Carlos Vázquez, asociacións
José Manuel Rozas, deportes
María José Gómez, cultura
Sagrario Sánchez, educación
Beatriz Vázquez, coordinador con universidades
Outros órganos
Comisión senior: Fernando Carlos Rodríguez
Coordinador de asesoramento xurídico para alcaldes e portavoces, Luis Alberto Lamas; vogal desta área: José Antonio García
Coordinador de inclusión, Félix Martins
Coordinadora de demografía, Sara Ruíz Rubio
Presidente do comité electoral, Eugenio Corral
Comité de voceiros: Javier Jorge Castiñeira, Daniel Vega, Óscar Rodríguez, Manuel Rouco, Sandra Vázquez, Manuel Lorenzo Varela e Katy Varela.
Vogais:
Julio Álvarez Núñez, Juan Carlos Armesto, María José Blanco, Lucía Sánchez Ferreiro, María Ángeles Buján Burgo, Alejandro González, Silvia García, Santiago Amedo, Luis Fernández Guitián, José Manuel Pereiro Pérez, Luis Asorey Daviña, David Piñeiro Rasilla, María José Villamarín, José Manuel Dobarrio López, Teresa Taboada Candal, Ramiro Moure Ansoar, José Jesús Novo Martínez, Miguel González Piñeiro, Sabela Pérez López, Clemente Iglesias González. A estes nomeados, súmanse os natos, que son os deputados nacionais, senadores, deputados autonómicos e membros da executiva autonómica (Antonio Ameijide, Javier Arias, Yovana Oroza, José Ángel Santos, Juan Carlos Serrano e Ramón Carballo).





















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



