Viveiro, 22 de outubro de 2021. O Concello de Viveiro prestou de novo este ano o servizo de control da gaivota patiamarela en Viveiro, que tivo lugar entre os meses de maio e agosto, coincidindo coa tempada de cría.
“No Concello de Viveiro fomos pioneiros en prestar este servizo, que cumpre este ano a súa terceira edición no municipio”, subliña María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.
O obxectivo xeral que persegue este servizo é mellorar a calidade de vida da veciñanza de Viveiro. Deste modo, realízase unha correcta xestión da poboación destas aves para previr e evitar o crecemento desmesurado da mesma, provocando posibles pragas e problemas de salubridade pública, á vez que se asegura o benestar desta especie.
Este servizo foi realizado por unha empresa especializada que conta cos pertinentes permisos autonómicos para o control poboacional da gaivota, para a retirada de niños, ovos e polos e a posterior xestións dos mesmo, cumprindo sempre as pautas que marca a Lei de Benestar Animal para este tipo de actuacións.
Nos días previos ao inicio dos traballos, realizouse un censo poboacional, que se ampliou con datos recollidos durante o período de traballo de campo, entre o 13 de maio e o 31 de agosto. O obxectivo do censo foi obter unha estimación o máis aproximada posible do tamaño total da poboación reprodutora de gaivotas asentada en Viveiro e coñecer a súa distribución polo casco urbano.
En virtude dos datos recollidos directamente sobre os tellados da zona de cría do casco urbano de Viveiro, pódese coñecer con exactitude o tamaño da poboación de gaivotas asentada na vila. Deste modo, existen 199 parellas nidificantes localizadas, das que 197 foron intervidas, é dicir retirouse o niño e o contido cando menos unha vez, quedando sen intervir 2 parellas ao non conseguir acceder ao tellado.
“Este servizo redunda no beneficio tanto da cidadanía como dos animais, garantindo o seu coidado. En 2018 estimábase unha poboación de 218 parellas reprodutoras, polo que co descenso da cifra neste ano, evidénciase que a eficacia do servizo que prestamos dende o Concello de Viveiro”, subliña María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.
Neste 2021, recibíronse a través dos teléfonos habilitados un total de 139 reclamacións de cidadáns causadas por gaivotas, atopándose resoltas todas elas. Ademais de atender estas peticións, intentouse realizar o máximo de visitas posibles atendendo aos listados de anos anteriores.
Nas visitas realizadas revisáronse 346 tellados, retirando 285 niños (todos os localizados), 537 ovos e 76 polos. Finalmente, cabe sinalar que como en anos anteriores, a zona máis afectada atópase no casco antigo de Viveiro, seguida de Celeiro e, en menor medida, na zona de Covas.
Incremento do servizo para control da pomba común
Dentro do servizo de control de aves prestado polo Concello de Viveiro, este ano engadiuse ademais o control da pomba común, cun servizo de control poboacional mediante captura de exemplares adultos nas zonas máis afectadas do entorno urbano.
Con carácter previo ao inicio dos traballos realizáronse censos de poboación nos tres núcleos urbanos de Viveiro, rexistrando unha poboación en torno aos 300 exemplares entre todas as zonas. Esta situación afectaba principalmente ao casco histórico de Viveiro e á zona de Covas, sendo a poboación establecida en Celeiro menor.
Unha vez finalizado o censo instalaranse xaulas de captura que reúnen unhas condicións óptimas para as pombas aloxadas no seu interior, para a súa posterior recollida e traslado ao pombal autorizado. Alí, realizarase unha revisión das mesmas previo ao seu destino definitivo marcado polas autorizacións da Xunta de Galicia.
Na actualidade atópase instalada unha xaula na zona de Covas e, en breve, instalarase outra no casco histórico de Viveiro.




















O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.



