Burela, 22 de outubro de 2021. Concello de Burela e Universidade de Santiago de Compostela asinaron hoxe un convenio de colaboración para o desenvolvemento dun plan de actuacións ecolóxicas, que terá unha vixencia de catro anos, segundo subliñou o alcalde, Alfredo Llano.
O rexedor dixo que “este convenio ten un propósito extraordinario de colaboración entre a Universidade e o Concello de Burela en temas tan diversos como o medio ambiente, a ecoloxía, a economía circular e todo aquilo relativo á aplicación dos obxectivos da Axenda 2030. Queremos tamén participar conxuntamente en proxectos que veñen da Unión Europea e poidamos desenvolvelos no noso concello”.
Llano pensa que “é algo tremendamente positivo porque hai que ter a colaboración de xente que pode axudarnos moitísimo, tanto no coñecemento como nas oportunidades de xestión. Así que vai ser un bo sistema de colaboración durante 4 anos, que é a duración deste convenio. Explicitamente xa hai unha serie proxectos que queremos compartir, xa vamos definir uns cantos, relacionados coa economía circular, coa investigación, coa docencia e coa aplicación de programas como por exemplo de hortos urbanos ecolóxicos, o estudo da aplicación de diferentes abonos, etcétera”. O convenio asinado esta mañá contempla hortos urbanos, un xardín botánico no Monte Castelo, a recuperación de bosques de ribeira ou a preservación de castiñeiros resistentes ao fungo da tinta, entre outras actuacións, segundo deu a coñecer a Universidade de Santiago de Compostela.
O alcalde subliñou que “esta colaboración ten o obxectivo claro de facer cuestións que realmente se van ver e van servir para mellorar moitísimo o progreso integral de Burela”.
No acto de firma do convenio participaron a vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel, os catedráticos do departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñería e investigadores da USC, Antonio Rigueiro e Rosa Mosquera, xunto co alcalde burelés, Alfredo Llano.

























A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.



