Santiago, 26 de outubro de 2021. O portavoz de Emprego do Grupo Popular, José Manuel Balseiro, demandou hoxe a socialistas e nacionalistas que “deixen de poñer paos nas rodas e saquen as súas mans da industria de Galicia porque están a afogar o futuro laboral de miles de traballadores”. Neste sentido, afirmou que “calquera debate sobre emprego que propoñan BNG e PSdeG non é máis que unha cortiña de fume para non falar da situación límite na que están situando a moitas das nosas empresas e aos seus traballadores”.
Balseiro lembrou que “o Goberno galego xa anunciou que liderará un gran pacto con todos os axentes para darlle forma á Axenda Galega de Capacidades e Necesidades Laborais, un pacto en materia de emprego para cruzar oferta e demanda e ser capaces de adaptar a formación ás necesidades reais do mercado laboral”.
MÉRITO COMPARTIDO
“En materia de emprego, en Galicia hai unha realidade incontestable: hoxe hai menos paro e máis afiliacións á Seguridade Social que antes da pandemia”, afirmou o portavoz popular, quen apuntou que “estas cifras non son mérito exclusivo do Goberno galego, porque debemos recoñecer o traballo colectivo que fixo posible volver á senda da recuperación, tanto daqueles sectores que foron capaces de medrar pese á pandemia, como dos que, tras verse fondamente afectados, volveron abrir os negocios”.
Así mesmo, o portavoz popular salientou que “a recuperación xeral da economía en Galicia estase a producir en maior proporción que na media nacional”. En concreto, dixo que a contratación en xeral incrementouse un 16 por cento, a contratación indefinida medra un 22 por cento e tamén aumenta un 13 por cento a contratación a tempo completo.



















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



