Santiago de Compostela, 4 de novembro, 2021. O portavoz de Agricultura do BNG, Xosé Luís Rivas rexistrou unha iniciativa parlamentaria para reclamar á Xunta un Foro, ou á “Mesa do Leite” coa representación de todos os actores da cadea de produción, obtención e derivados co fin de “fixar prezos xustos” para as e os produtores.
A iniciativa nacionalista tamén demanda do Goberno do Estado, no desenvolvemento da Lei da Cadea Alimentaria, “dotar aos sectores produtivos dunha ferramenta obxectiva que fixe uns custes de produción de referencia vinculantes e obrigatorios”.
Ante a crise do sector do leite agravada polo incremento da enerxía e os combustible ao que sumou ás subidas de prezo dos insumos, o deputado do BNG fixo un chamamento á “unidade” como a amosada polo sector no ano 2015 para reclamar “un prezo marco do custe de produción”. Neste sentido denunciou “que algunhas industrias obrigan ás e aos produtores a admitir que o prezo pagado cobre os custes de produción”.
Para o nacionalista, “se suben os custes de produción deben subir os prezos” e criticou que no Estado español prime o viño, o aceite, o xamón serrano e o queixo de ovella, mentres o leite en Galiza sigue sen protección. Neste sentido, volveu a apelar á unidade do sector e a responsabilidade da Xunta para reunir as e aos produtores cosas industrias ao fin de establecer criterios para fixar “prezos xustos”
Ante os medios de comunicación, Rivas volveu a denunciar “os contratos ilegais por parte dalgunhas industrias” nos anos 19 e 20 nas que incluían “unha cláusula obrigando ao produtor a asumir un prezo que lle cubría os custes de produción” e que ese contrato non podía ser denunciado porque era “confidencial”. Este problema, dixo, agudizase co incremento dos prezos no ano 2021, “100 euros de incremento para a Tm de solla, o millo sobe un 55% en tonelada, o trigo 114 euros por tonelada e a cebada o dobre do seu custe” ao que sumou unha subida do combustible de 55 céntimos a 85 e a luz en máis do 50%.
Todos estes factores, explicou o nacionalista, representan o 60% do custe de produción dun litro de leite que en Galiza págase a 32 céntimos. Para non perder cartos é preciso pagar entre 5 e 8 céntimos máis por litro. Na actualidade, as explotacións manteñen os contratos de maneira anual, tanto para abonos como combustibles pero eses contratos expiran no mes de decembro no que serán abordados “novos prezos e condicións” polo tanto, no mes de xaneiro o problema vaise agudizar ante os diferentes incrementos, “6.540 explotacións lácteas que aínda quedan neste País corren serio perigo de peche e elas producen o 45% do leite de todo o estado” advertiu.
Mini tamén criticou a “negativa” da Consellería de Medio Rural a arbitrar unha xuntanza con todos os axentes do sector. Reúnese coa industria, coas cooperativas, cos e coas produtoras pero, “sempre por separado”.
Galiza representa o 45% da produción láctea co “mellor leite en contido proteico e graxa” e cobramos entre 3 e 4 céntimos por baixo dos prezos que se están a pagar no Estado español”, denunciou o nacionalista.





















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



