Madrid, 13 de novembro de 2021. O Bloque Nacionalista Galego rexistra emenda aos Orzamentos do Estado de 2022 para asegurar que se materialice a intervención pública de Alcoa, en San Cibrao, e dar así solución a grave crise industrial, social e económica que atravesa a Mariña e o conxunto do País. Rego adianta que a solución só pode vir da man dunha actuación política decidida do Goberno para que a SEPI merque a fábrica, aínda que sexa de maneira temporal, asegurando os postos de traballo e a continuación da actividade futura da planta.
O Congreso aprobou unha iniciativa presentada polo BNG en que instaba o Goberno do Estado a iniciar, de fracasar as negociacións para a venta de Alcoa, a intervención pública co obxectivo de salvagardar os postos de traballo e asegurar o futuro do proxecto empresarial. Os meses transcorridos de negociacións infrutuosas e as distintas sentencias xudiciais que consideran probada a mala fe da empresa, poñen de manifesto que a intervención pública é a única opción. Debido precisamente a esta falta de avances, os traballadores e traballadoras de Alcoa San Cibrao manteñen una folga indefinida desde o 27 de setembro.
Para a formación nacionalista, o momento de levar a cabo esta actuación é agora. Por iso, rexistra unha emenda aos Orzamentos do Estado para que o Goberno do Estado actúe e dea solución a un dos grandes problemas que afronta o noso País: “a grave crise industrial, social e económica que padecemos coa ameaza de fechamento de moitas empresas e coa perda de postos de traballo”.
A emenda rexistrada busca a creación dunha partida específica cunha contía de 200 millóns de euros que garanta a intervención pública de Alcoa “porque para o BNG é evidente que a estas alturas a única solución realmente duradeira e de futuro é que a SEPI compre Alcoa aínda que sexa nunha operación ponte para despois pasala a un operador industrial que presente un proxecto fiábel, seguro e duradeiro”.
Este proxecto terá que garantir a continuidade da actividade e manter a totalidade dos postos de traballo “mesmo que se poidan crear novos postos de traballo”. “É realmente inconcibíbel que o Goberno español, o Ministerio de Industria, sabendo que é a única solución se resista a dar ese paso a esa intervención pública e que Alumina pase a ser parte da SEPI”.
“O BNG seguirá reclamando esa intervención e vai continuar traballando nesa dirección. Esta emenda de 200 millóns posibilita que isto poida ser así. Nós temos a expectativa de que o Goberno acabe entendendo que esta é a única solución e, polo tanto, os partidos que o conforman terán que apoiar esta emenda do Bloque Nacionalista Galego” conclúe Rego.




















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



