Mondoñedo, a 27 de novembro de 2021. Mondoñedo engalana as rúas e espazos da cidade polo Nadal. Os espazos con decoración navideña, os cales van a ser denominados “Rincóns”, serán a Praza da Catedral (Rincón de Laponia), a Praza do Concello (Rincón do Trineo), a Alameda (Rincón de Nadal), a Fonte Vella (Rincón dos Reis Magos), o Barrio dos Muíños (Rincón de Nadal no Polo), a Praza Jaime Cabot e a entrada do Auditorio.
Na Praza da Catedral estará a casa de Papá Noel e haberá un buzón para que os nenos e nenas podan depositar as súas cartas; na Praza do Concello situárase o trineo de Papá Noel; na Alameda e o Barrio dos Muíños a decoración constará de figuras de músicos e cervos, bonecos de neve, árbores de nadal…; e na Fonte Vella haberá tres buzóns decorados dacordo a cada un dos Reis Magos e tamén se colocarán as figuras do Belén a tamaño real.
“Esta decoración será un reclamo máis para visitar Mondoñedo cun casco histórico absolutamente idóneo”, sinalan desde o goberno local-
Estará en funcionamento desde o 4 de decembro ata o 9 de xaneiro
Programa de actividades
O Concello programa numerosas actividades entre o 2 de decembro e o 8 de xaneiro.
Haberá concursos, concertos, cine, contacontos, eventos deportivos… para facer desfrutar destas datas tanto aos máis pequenos como os máis maiores da casa. Destaca que o día 31 de decembro haberá campanadas de fin de ano desde a Catedral.
Agradecemento
“Queremos agradecer á Asociación Cultural O Pasatempo, Escola Municipal de Música O Pallarego, Motoclube Ruta N-634, Escola Percusión Mondoñedo, GaitaEscola, Asociación Xuvenil Xoldra, ANPA Amolou e Federación Galega de Espeleoloxía por participar neste programa de actividades para o Nadal”, subliñan desde o goberno local.
Recuperar a ilusión
“Con esta programación de actividades e engalanando deste xeito a nosa cidade, o que queremos é un Nadal para os nenos e nenas e para recuperar a ilusión”, finalizan desde o Concello











O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



