Durante as xornadas de sábado e domingo, tres establecementos hostaleiros do Concello de Cervo ofrecerán tapas gratuítas de carne de poldro. O restaurante O Noso Lar, o Hostal Buenavista e a Pousada O Almacén son os tres locais que ofrecerán tapas gratuítas elaboradas con carne de poldro por cada consumición que se pida. A carne de poldro que se degustará nestas xornadas foi facilitada pola Asociación de Criadores de Cabalo de Pura Raza Galega.
Cervo celebra esta fin de semana as Xornadas de Tapeo de Carne de Poldro