Cervo, 19 de xuño do 2026. O Concello de Cervo vén de clausurar unha nova edición do programa de ocio e tempo libre “Brincos de Lecer coa Ra Ramira”, unha iniciativa posta en marcha para favorecer a conciliación das familias do municipio e ofrecer ás crianzas un espazo educativo, creativo e divertido durante o curso escolar.
A clausura do programa celebrouse cunha festa na Casa do Mar na que os nenos e nenas participantes desfrutaron dunha xornada especial de peche, na que recibiron os seus diplomas e agasallos como recoñecemento pola súa participación ao longo do curso.
En total, máis de medio cento de nenos e nenas participaron nesta edición, na que se desenvolveron diferentes propostas adaptadas ás idades e intereses do alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria.
A gran novidade deste curso foi a posta en marcha do obradoiro “Playing in English”, unha actividade realizada en colaboración coa English School de San Cibrao, que permitiu ao alumnado achegarse ao idioma inglés a través do xogo, dunha maneira dinámica e entretida.
A programación completouse con actividades xa consolidadas como “Brincos”, “Croacbooking”, “Ramira de Castro”, “Problemas na Charca”, “Club de Ramira”, “Aprender a Aprender” e os “Findes Anfibios”, con propostas centradas na creatividade, a lectura, as matemáticas, as técnicas de estudo e o lecer educativo.
Na clausura participaron a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, a concelleira Pilar Armada, e tamén as monitoras das actividades, Alba e Laura.
A rexedora destacou que “Brincos de Lecer coa Ra Ramira volveu demostrar que é unha ferramenta moi útil para as familias do municipio, ofrecendo un espazo seguro no que os nenos e nenas poden aprender, xogar, relacionarse e desenvolver novas habilidades fóra do horario lectivo”.
García Caramés puxo en valor especialmente a incorporación do obradoiro de inglés: “estamos moi satisfeitos coa acollida desta novidade, xa que permite que as crianzas practiquen un idioma tan importante como o inglés dunha forma natural, divertida e adaptada a cada idade”.
A alcaldesa tamén agradeceu “a implicación das familias, das monitoras e de todas as persoas que fan posible o desenvolvemento deste programa, pola súa dedicación e polo cariño co que acompañan ás crianzas durante todo o curso”.
Desde o Concello de Cervo salientan a boa resposta recibida por parte das familias e avanzan que continuarán impulsando iniciativas que contribúan á conciliación, á educación e ao benestar da veciñanza máis nova do municipio.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



