Santiago, 9 de decembro de 2021. O deputado do Grupo Popular José Manuel Balseiro criticou hoxe no Pleno que o BNG “pretenda que a Xunta asuma con recursos de todos os galegos as obras e servizos ferroviarios que lle corresponde pagar ao Goberno de España”. Neste sentido, demandou que “teñan a valentía de reclamar ao Goberno central que acometa as obras necesarias para garantir a competitividade da rede ferroviaria de Galicia, que restableza todos os servizos ferroviarios existentes con anterioridade á pandemia sanitaria e que amplíe o número de frecuencias e servizos que permitan atender a demanda de mobilidade do interior de Galicia”.
Balseiro lembrou que “Renfe está obrigada a tratar de coordinar conexións que permitan que os cidadáns de toda Galicia poidan enlazar cos horarios de tren do AVE de Ourense a Madrid, pero tamén ter en conta os tráficos internos e ofrecer un servizo de tren competitivo e con horarios capaces de satisfacer a demanda da maior parte dos usuarios”.
PERDA DE HORARIOS E FRECUENCIAS
“Primeiro, coa escusa da pandemia e, agora, coa adecuación dos horarios ao futuro AVE, hai centos e centos de veciños de Galicia que perderon horarios e frecuencias que antes si existían e agora non poden viaxar entre as cidades, entre Ourense e Santiago e entre Vigo e A Coruña”, manifestou o deputado popular, quen incidiu que “non medio rural servizo é totalmente deficiente, como é o caso do ferrocarril de vía estreita nas comarcas da Mariña, Ortegal e Ferrol; ou a supresión de paradas en Vilagarcía”.
Respecto da proposta do BNG de crear un ente ferroviario galego, José Manuel Balseiro manifestou que “suporía asumir unha rede ferroviaria desastrosa e un conxunto de servizos incompleto”, polo que criticou que “pretenda que Galicia arranxe o problema estatal e que, ademais, o faga con cartos de todos os galegos”.
“Para nós, o camiño é outro: é obriga do Goberno de España solucionar os problemas da rede ferroviaria galega, repoñer os servizos e reforzalos de forma acorde coas necesidades dos galegos”, puntualizou Balseiro, ao tempo que lamentou que o BNG “insista sempre no mesmo e sen ter presente aspectos fundamentais como que a rede ferroviaria é do Estado e de competencia estatal”.





















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



