Ribadeo, 10 de decembro de 2021. No Concello de Ribadeo presentouse esta mañá a XXXI San Silvestre, que se celebrará o 31 de decembro. A inscrición, que é obrigatoria e gratuíta, está aberta desde hoxe e ata o 26 de decembro. A máscara será obrigatoria para todas as categorías a partires dos seis anos de idade. Na presentación estiveron presentes o alcalde, Fernando Suárez, o concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, e o técnico de Deportes, Iván Rodríguez.
O rexedor dixo que “estamos moi contentos de organizar isto porque o facemos con moita prudencia. Todo o que organizamos o facemos con moita prudencia, pero tamén con moita ilusión, sabendo que todo isto que estamos programando vai ter moita repercusión e seguro que haberá moita xente que se inscriba de Ribadeo e veciños de fora de Ribadeo que se acheguen aquí. Tamén este día último do ano qué mellor que despedir o ano correndo e encarando o 2022 con moito ritmo, con moito impulso e con moita determinación, como todo o que intentamos facer desde o Concello de Ribadeo”.
O edil de Deportes explicou que “hoxe abrimos o prazo de inscrición da San Silvestre deste ano, o prazo é desde o 10 de decembro ata o 26, e vai estar habilitada na páxina de championchipnorte para todas as inscricións. É unha carreira xa lonxeva porque leva desde os anos 90 facéndose, esta é a 31 edición. O ano pasado polo covid non se puido organizar. Queremos e desexamos que este ano se faga. Polo covid estamos suxeitos a un protocolo con distintas normas que vai haber diferentes a outros anos onde é obrigada a inscrición, a máscara é obrigatoria a partir dos seis anos durante todo o percorrido da carreira e tamén será obrigatorio entregar unha declaración do covid para poder recoller ese dorsal. Ademais, dependendo da situación sanitaria, as saídas ao mellor son escalonadas”.
Jorge Díaz engadiu que “son catro percorridos. Un de cen metros onde están os pitufiños, a xente máis noviña nados entre 2018 e 2021, e vai desde a oficina de turismo ata o Concello. Hai outra de catrocentos metros para os nados entre 2014 e 2017, neste caso é unha volta ao parque San Francisco que remata no Concello. Outra carreira é a da milla con 1.150 metros que vai polas rúas peonís do concello, polas Catro Rúas, Reinante, etc…, e é para os nados entre 2010 e 2013. Por último está a carreira estrela, que é a San Silvestre de sempre, con cinco quilómetros e o percorrido habitual polas diferentes rúas do concello, sobre todo polas peonís”.






















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 


