O caso da Maruxaina adquire unha nova dimensión. Á antiga denuncia de vídeos de mulleres ouriñando nas rúas na data da multitudinaria festa súmanse agora vídeos explícitos de parellas mantendo relacións sexuais na praia de San Cibrao esa mesma noite. As gravacións, de primeira calidade, fixéronse a escasos metros das parellas, utilizando cámaras de visión nocturna. Nalgún caso ata se pode ver como unha das persoas que estaba a gravar chega a tocar a perna dunha das mulleres. Os vídeos foron atopados en páxinas web porno, tal como ocorreu coas anteriores gravacións. A nova, lonxe de sorprender, deixa en evidencia o que para nós é máis que evidente: que as imaxes íntimas de mulleres expostas nas páxinas porno excitan non pola nudez destas mulleres, senón pola falla de consentimento. O sometemento, a violencia crúa, a sensación de superioridade na forza son as máximas dun porno ideado por e para os homes. O feito de que un dos que estaba a gravar se sentira co dereito de tocar o corpo dunha muller que non sabe o que está a pasar é o exemplo perfecto da morbosidade mal entendida. Hai quen non quere ver o machismo estrutural do porno, mais son homes maioritariamente os que ven páxinas porno. Cando negamos o dano que fai este porno estamos dilapidando os dereitos de miles de mulleres que, directa ou indirectamente, reciben violencia.
Dende o OMI denunciamos rotundamente estas gravacións e esiximos o dereito ao esquecemento en internet para as vítimas. Que os vídeos non sexan accesibles, que se persiga verdadeiramente a quen atenta contra a integridade destas persoas. Que a xustiza adquira unha perspectiva feminista máis que necesaria. Por parte da sociedade, empatía e anoxo a partes iguais. Precisamos dunha educación afectiva e sexual feminista, na cal o respecto á intimidade das persoas sexa un obxectivo claro. Amosamos todo o noso apoio e forza para as compañeiras que están a denunciar o roubo da súa integridade. Estamos con vós.



















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



