Coma o pé de foto dun periódico, quixera explicar o que hai detrás do Premio Nacional de Comercio, que valora o desenvolvemento de Acisa Ribadeo e a xerencia nos últimos 5 anos. Neste tempo realizamos mais de 250 actividades, colaboramos en mais de 60 eventos, firmamos mais de 30 convenios e xestionamos preto de 1 millón de euros en inversións, que puideron xerar cerca de 30 millóns de movemento na economía local.
Pero nada sería posible sen unha directiva proactiva, cunha capacidade de adaptación e paciencia infinita, suxeitos a presións e aos seus propios problemas, capaces de sacar a diante esta entidade nos peores momentos e poñéndoa na mellor situación, tanto económica como de prestixio. Gustaríame recoñecer a Manoli, Carmen, Jose, María Antonia, Roberto e a Paco a súa labor e agradecerlles a confianza depositada en min. E por suposto aos mais de 160 socios e socias, xa que sen a súa implicación, confianza e apoio de nada serviría todo canto facemos. Quero agradecer, a todos os que nos deron os parabéns e se alegraron por nos.
Un bo pé de foto soe deixar fora o que non se quere ensinar. ¿E se falamos do que non se ve? Dimes e diretes, calumnias, infamias, descalcificacións… É certo que xa debera estar acostumado a este tipo de maldades despois de mais de 5 anos, pero o meu traballo é cara o público, que non público, para ter que aguantar estas actitudes, que por certo, sempre veñen dende os mesmos ámbitos e ás costas. Todo isto non vai co cargo, porque non cobro un salario de deputado. Despois deste tempo e os poucos ou moitos logros acadados por Acisa, creo que merecemos un mínimo de respecto.
¡Pensa o ladrón que todos son da súa condición! Que me adueñei do premio din!, puiden contribuír, pero non é meu. Tamén algún me ascendeu a presidente adxunto ¡e eu sen decatarme! Cousas das redes sociais, certo, onde covardes tras un perfil falso, ben adoutrinados iso si, e alleos a esta entidade, dedícanse a esbardallar e outros/as, con certos cargos, comparten esas descualificacións… Tamén se está a dicir que sen certas axudas ou esmolas, segundo se mire, non seriamos nada. Por respecto á realidade creo que hai quen debería dedicarse ao seu e esquecerse desta entidade. Por certo, ¡pois non nos foi tan mal sen recibir un so euro xestionado por el! Vai sendo tempo de que, por moitos aires de grandeza que un crea ter, deixe de aproveitarse da labor que se fai dende o conxunto desta asociación.
Sempre me gustou unha boa novela de comedia, unhas risas nunca sobran, a pena é que nesta as personaxes sexan tan mediocres. Pero estas historias, van ter que ir rematando… Din que un vale mais polo que cala que polo que conta, e é moi certo. Poucos saben as horas, os desgustos, as preocupacións, os lamentos e incluso os incidentes… que hai detrás deste traballo.
Por certo ¿Por qué se está a promover unha directiva e unha xerencia novas dende certas esferas alleas á asociación? ¿Qué pasa que a actual non se deixa someter? Supoño que alguén bota de menos as fotos con nos ¡Tempos aqueles!























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



