A Mariña, xoves 30 decembro 2021. O BNG vén de analizar e valorar a nova situación en Alcoa e na comarca despois de que o resultado do referéndun fose favorable á proposta da multinacional. Os nacionalistas manifestan unha vez mais o seu apoio ás traballadoras e traballadores da fábrica e das empresas auxiliares, aos que lles tocou vivir unha situación durísima tendo que asumir a responsabilidade de decidir eles sós non só o futuro da factoría de San Cibrao, senón o futuro de toda unha comarca, ao ignoraren o Estado e a Xunta esta petición unánime do conxunto da sociedade mariñá.
“As posturas do Psoe e do PP e dos gobernos que sustentan, desoíndo o clamor mariñao pola intervención da factoría de San Cibrao son a causa desta situación de incerteza para a comarca á que unha vez mais o Estado e Xunta deixan abandonada” afirmou o deputado mariñao no Parlamento de Galiza, Daniel Castro.
Continuar no traballo diario e na loita para reverter esta grave situación
En términos semellantes pronunciouse o responsable comarcal da organización, Antonio Veiga, amosando a disposición do BNG para continuar no traballo e na loita diaria para reverter esta situación preocupante e de incerteza que se vén enriba do tecido económico e industrial da Mariña, “porque os dereitos e as conquistas sociais son sempre fruto das mobilizacións sociais, nunca da paz social, e moito menos se esta vén auspiciada polas multinacionais, ás que nada lles importa a situación da nosa comarca e das nosas pequenas empresas, só lles importan os seus intereses”, afirmou.
Desde o BNG consideran que tanto o Goberno do Estado (Psoe-UP) coma o PP na Xunta foron e son os cómplices necesarios deses intereses das multinacionais, non só no caso de Alcoa senón tamén no caso de Vestas.
O Bng esixe das administracións o compromiso inmediato para a reindustrialización e dotación de infraestruturas
O BNG insiste na necesidade dun Plan de Reactivación Económica para A Mariña con compromisos firmes e no que tenen que implicarse conxuntamente Goberno Central e Xunta e no que se inclúa un Plan de Inversión en Infraestruturas xerais e estratéxicas, xeradoras de emprego (transporte, autovía, vía de alta capacidade, solo industrial, medio ambiente….) e que evite o desequilibrio territorial consecuencia de anos de desigualdade que sufre A Mariña a respecto doutros territorios. Unha comarca a nosa donde os investimentos da Xunta e do Estado nunca foron directamente proporcionais aos nosos recursos, ás nosas potencialidades e ao noso traballo.






















Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.



