Lugo, a 18 de xaneiro de 2022. Na política mundial, resulta inaudito que un ministro critique, sen motivo algún e contra toda evidencia, a calidade da carne que exporta o seu país. Pois ocorreu en España e o protagonista foi o ministro comunista de consumo, Alberto Garzón. Diante desta esperpéntica, lamentable e totalmente inaceptable situación, o grupo provincial do PP presenta unha moción na Deputación para reclamar do Goberno unha rectificación pública e inmediata e que o presidente Sánchez cese ao ministro Garzón. O portavoz popular, Javier Castiñeira, propón ademais que a institución provincial faga pública unha declaración institucional en apoio do sector gandeiro.
Castiñeira explica: “Dende a finca Villadangos, en Sabarei, no concello de O Corgo, o grupo provincial do Partido Popular quere anunciar que presentará unha moción no próximo pleno da Deputación de Lugo en apoio ao sector gandeiro, que se está vendo moi prexudicado polas decisións do Goberno de Pedro Sánchez, que están a levalo a unha situación económica moi complexa, cunha suba dos custos de produción e un Goberno que non apoia aos gandeiros”. Engade: “As declaracións do ministro de Consumo, o señor Alberto Garzón, son a gota que colma o vaso; unhas declaracións totalmente inxustas e temerarias, que van en prexuízo dos intereses dos nosos gandeiros, dos nosos excelentes gandeiros que producen unha excelente carne que se exporta a numerosos países”.
Os populares destacan que “os gandeiros españoles ven como membros do Goberno de España, do seu Goberno, non son capaces de apoiar os seus intereses; esiximos unha rectificación do Goberno e o facémolo dende unha explotación gandeira que é típica de Galicia, unha gandería media, moi similar ás produtoras de carne en Galicia, tamén moi similar ás do resto do Estado”. Destaca: “Facémolo aquí porque nesta explotación hai unha cabeza de vacún que está cualificada como o mellor exemplar de vaca de raza rubia galega no ano 2021, concretamente a vaca chamada Teixa; é unha mostra moi clara da carne que se produce na nosa provincia, no noso país”.
Castiñeira declara: “O Partido Popular non vai admitir esas declaracións por parte do ministro Garzón e pedimos ao Goberno unha rectificación e que o presidente Sánchez cese a este ministro, que non é a primeira vez que vai contra os intereses de toda a gandería do país”. No PP saben que o sector o está pasando moi mal, por esas decisións nefastas do Goberno central que van en contra dos intereses dos nosos gandeiros. O portavoz popular sinala: “ Sabemos que subiron os custos de produción, o que fai que as explotacións estean pasando agora un moi mal momento económico. Pedimos o apoio para a manifestación que se celebrará o próximo día 23 en Madrid”.
En definitiva, o que pide o PP é que “por parte da Deputación de Lugo se faga pública unha declaración institucional en apoio do sector gandeiro, en apoio da carne galega e lucense e que se fagan campañas para tratar de retomar esa grande fama que sempre tivo e que ten a carne de Galicia, a carne lucense, a pesares das manifestacións do ministro Alberto Garzón”.

















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



