Santiago de Compostela, 18 de xaneiro, 2021. A viceportavoz do BNG, Olalla Rodil avanzou os temas que serán debatidos no vindeiro pleno do Parlamento entre os que destacou, a situación na que se atopa a sanidade pública galega, especialmente a Atención Primaria con centros colapsados pola falta de persoal e sobrecarga da sexta onda da pandemia.
Neste sentido, indicou que o conselleiro de sanidade comparecerá na vindeira sesión plenaria, despois de 14 días e de telo solicitado o BNG na Deputación Permanente, 14 días, dixo, despois de que o Partido popular “vetase” esa comparecencia, e despois de 14 días de “colapso” en todos os centros de saúde.
Nesta liña, a portavoz nacional do BNG preguntará a Feixóo sobre esta situación de colapso na Atención primaria e polas medidas de reforzo para garantir o dereito dos galegos e galegas a saúde.
Dende o BNG, explicou, xa advertimos das consecuencias da política de recortes do Partido popular dende máis dunha década”, situación agravada dende hai dous anos pola COVID 19 ante a falta de recursos e persoal e preguntou que fixo o Partido popular ademais de “seguir recortando” mesmo no orzamentos xa en vigor para o ano 2022 coa redución da partida orzamentaria da Atención primaria ou parar a actividade ordinaria en 14 centros do sur de Galiza a pesar de que as persoas continúan enfermando “no só da COVID”.
Rodil criticou a medida de utilizar a persoal xubilado e aplicar a estratexia para que sexan as propias persoas as que realicen o auto test na súa casa, o seguimento a ti mesmo e darse de alta e de baixa na Seguridade social, “tamén dende a túa casa”. En opinión da deputada, estas medidas conducen a un maior deterioro da sanidade, xa tocada gravemente polos continuos recortes.
En segundo termo, o BNG interpelará ao conselleiro e vicepresidente segundo da Xunta sobre a crise industrial que “atravesa Galiza de Norte a Sur” dende hai anos e que afecta a todos os sectores industriais e comarcas galegas máis dinámicas demográfica e economicamente.
“Desde A Mariña co peche de Vestas e a parálise das cubas en Alcoa San Cibrao despois de que os gobernos español e galego deixasen SÓS, completamente SÓS e aos pés dos cabalos os traballadores”, o sector naval “en caída libre” despois dunha década de falsas promesas e moita máis propaganda; a automoción nun ERTE permanente e unha ristra de empresas que pecharon ou marcharon cos centros de produción para outros países como: POLIGAL ou SIEMENS GAMESA, son algúns dos exemplos da política industrial do goberno galego.
“Un país sen industria é un país sen futuro” subliñou Rodil e mentres a nosa industria esmorece e a Xunta leva máis dunha década de brazos cruzados vendo como vai achicándose, facéndose cada vez máis pequena, “o PP non foi quen desde a Xunta de impedir que pechase nin unha soa empresa nos últimos anos. Nin unha soa”.
Por outro lado, esta crise industrial estendese a outros sectores produtivos fundamentais como a agricultura e gandería, algo sobre o que tamén debateremos neste pleno, a través dunha Proposición non de lei do BNG sobre crise no sector cárnico.
Mentres o PP está dedicado a facer seguidismo da estratexia, que lle manda o seu xefe de filas, o Sr. Casado desde Madrid, na eneísima polémica que debe ser a que toca este mes e non aporta nada a Galiza, dende o BNG estamos centradas en defender os intereses de Galiza e das gandeiras/os galegos que piden e reclaman, “poder vivir dignamente do seu traballo garantindo prezos xustos en orixe para algunhas das explotacións que producen algunhas das carnes de vacún máis importantes e de calidade do mundo como é o selo Tenreira galega”.
Esas persoas, recalcou, Rodil, no só están a vender por debaixo dos custes de produción e que case están pagando por traballar e isto é “inadmisible” en calquera país” que se precie, concluíu.




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



