Lugo, 3 de febreiro de 2022. A transparencia é un dos parámetros fundamentais á hora de medir á calidade democrática en calquera institución. Sendo así, o PP non pode poñer boa nota, senón todo o contrario, á xestión do goberno da Deputación, porque xa son moitas ás veces que, por un motivo ou por outro, se lle denega acceso á información, ata o punto de ter que pedir amparo á Valedora do Pobo. De novo se dá unha situación así. O portavoz popular, Javier Castiñeira, sinala: “Unha vez máis, o presidente da Deputación opta polo ocultismo nas relacións coa oposición, co grupo provincial do PP. De novo, o socialista José Tomé rexeita atender una solicitude de información dos populares, neste caso sobre un escrito rexistrado na Deputación o pasado 13 de xaneiro por un particular”.
Castiñeira di: “Xa nos ten acostumados; ao longo do mandato, o señor Tomé denegou varias solicitudes de información, nalgún caso para coñecer o estado de dependencias da Deputación e outras por diferentes motivos. Esta vez, de novo basea a súa negativa a facilitar acceso ao documento (e copia) rexistrado nun informe emitido pola secretaría xeral”.
A vista de como opera, “necesariamente temos que preguntarnos que quere ocultar o señor presidente da Deputación coa decisión de non autorizar o acceso á información solicitada; a que lle ten medo o señor Tomé?”.
Para os populares, “é inaudito que a estas alturas do século XXI se produzan situacións como esta nunha institución pública nun país que vive nun réxime democrático sólido, consolidado”. Castiñeira sinala: “Unha vez máis, o presidente Tomé sorpréndenos poñendo paus nas rodas no noso traballo, no traballo leal que está a facer o Partido Popular como oposición”.
Castiñeira avisa de que “de novo temos que sopesar á posibilidade de pedir amparo á Valedora de Pobo, a que xa tivemos que apelar en ocasións anteriores á vista do ocultismo con que opera o goberno provincial en relación co dereito á información que ampara o labor da oposición”.
No decreto sinálase: “(…) foi solicitada a emisión de informe á Secretaria Xeral desta Deputación Provincial. Dito informe, no que se refire a esta petición, conclúe que a mesma non se atopa incardinada dentro dos supostos dos datos de acceso público polos membros da Corporación”.
Tamén se di: “Dado que a solicitude se refire á obtención de copia dun único rexistro de entrada que non se corresponde con actividade administrativa strictu sensu, estímase que nesta situación non se trataría dun acceso relacionado co exercicio das función propias, senón coa xestión da axenda de Presidencia”. Polo tanto, a resolución é “desestimar a petición do Grupo Provincial do Partido Popular de data vinte e sete de xaneiro de dous mil vinte e dous, de acceso e copia do documento recibido na oficina de rexistro xeral desta Deputación (…)”.



















Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



