Gústame a música. Non vin as actuacións do festival de Benidorm en directo. Sí estiven ó tanto -máis ou menos– da polémica posterior. E si, estou posicionado. Pero coido que o ‘posicionamento particular de cada quen’ está moi atrás das circunstancias, e non só pola necesidade de participación conxunta.
Lembrará o lector unha referencia ó imperio español no sentido de que ‘esteamos preparados para que a próxima vez que o Sol pase por riba das nosas testas, poidamos aproveitalo’? Eu lembro o sentido, pero non as verbas concretas, o que me impide atopar a cita exacta, por quen e cando foi feita. Ben, a idea da frase é que as sociedades e as súas manifestacións organizativas, como poden ser os estados, rematan tendo oportunidades sucesivas de éxito. Oportunidades que, estando preparados –poñendo traballo previo, procurando coñecemento, información, disciplina…- poden aproveitar para obter un bo rendemento. No caso do imperio, pois a nivel imperial, claro!
Volvendo ás Tanxugueiras, parece que o tiñan ‘todo’ da súa parte, que estaban preparadas. Mais a cousa non resultou. Por? Non sei se de xeito inocente ou consciente, foron meterse na boca do lobo, alimentar entidades con ánimo de lucro que se lucraron con elas de paso que as aproveitaban doutros xeitos. Por exemplo, propaganda. Porque anda que non deu lugar a propaganda (para as Tanxugueiras, pero tamén para as contrincantes) que sacaran case vinte veces máis votos do público que a ganadora, mentres o xurado as deixaba nun recuncho. Do desenvolvemento da polémica, os chamamentos á calma, etc, esqueceríame: é algo así como as árbores que non deixan ver o bosque de Tagore. É o sistema o que levou á polémica, ó pago por voto ou á elección de Chanel. E non, para iso non estaban preparadas nin elas, nin os votantes, polo que agora queda o recurso ó pataleo contra unhas normas postas por entidades que non son controladas publicamente (non, tampouco o ‘chiringuito’ RTVE). Non digo que coa protesta posterior non se resolva nada, aínda que o dubido. Nin que sexa doado facer o control do sistema, pero onde non hai control, hai… descontrol. Descontrol dende o punto de vista de quen non exerce control, claro. Se hai alguén que controla, pon as normas, por moi arbitrarias ou pouco democráticas que sexan, e fai que se cumpran. Para ese alguén, hai control. Está claro?
E Alcoa, que ten que ver con isto? Alcoa é o último nome de referencia da fábrica de Alúmina-Aluminio de S. Cibrao, na Mariña. O último nome, que corresponde a unha empresa multinacional privada con sede na outra beira do Atlántico. É dicir, algo sobre o que non temos control. E iso, despois de nacer pública, que debera ser equivalente a ‘de todos’ e polo tanto, ‘controlada por todos’. Repito, debera. O caso é que a traxectoria pasou dun relativo ‘control’ a través das institucións públicas que deben ser a cabeza e as mans da xente, a un total descontrol no que queda o pataleo, a ‘loita’, dende a situación da balsa de lodos e o seu futuro ó apagado das cubas e o futuro dos postos de traballo. Aquí tamén, a ‘votación popular’ tomou partido, pero o ‘gran xurado’ tomou a decisión. Non, non o mercado ou o prezo subvencionado da electricidade –aínda que todo conta-, que escusas é doado poñelas, mesmo aproveitando situacións conxunturais, para centrar o debate onde interesa a quen pon as normas, remachar cravos ou esquecer os intereses de todos. Non fai falta nin que sexan cribles, senón só que se estea en situación de poder poñelas. No medio, moitos anos de bonanza que puideron aproveitarse para facer que agora foran algo máis ca unha simple lembranza. Moitos anos nos que se puido diversificar, crear industria de desenvolvemento de produto, procurar solucións ás debilidades percibidas, ou lembrar tamén que, a máis de Alcoa, outros sectores estaban en peor situación e tamén había que apoialos, desenvolvelos…
No medio do título, aínda que pareza desprazada, Galicia. A situación de Galicia ten abondos máis exemplos equiparables ós dous citados. E, co conxunto deles, problemas derivados ou relacionados: na rede de comunicacións ou no despoboamento rural ou na emigración da xente nova ou na perda de identidade e de lingua, ou noutros máis. Por certo, un inciso: parece que a identidade e a lingua non pintarían nada no medio do resto do discurso económico ou social, pero si contan. E moito. Non só por ser a lingua un activo intanxible, senón porque para poder prepararse ou facer cousas hai que ser alguén, e ata o de agora, a lingua é parte fundamental da nosa identidade, esa que constrúe o noso ‘alguén’. Volvamos ó tema. Unha imaxe: mentres poñamos apósitos en troques de curar a enfermidade e levar unha vida saudable para prever futuras recaídas, pouco máis poderemos facer que laiarnos e como moito, confiar en solucións caídas do ceo, a modo de agasallo. Confiar nos demais? Si. Chuparse o dedo, non.
Mentres, seguiremos a ocuparnos do que pasa en Madrid, ou Barcelona, ou Benidorm. Do que pasa en Washington xa se ocupan en Madrid ou Bruxelas.

















Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.



