Viveiro, 1 de febreiro de 2022. O Concello de Viveiro estará presente no Foro de Artes Inclusivas, que se celebra no Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol os próximos 17 e 18 de febreiro, para presentar o seu programa “SuperArte”, impulsado polo goberno local.
O Foro de Artes inclusivas supón un punto de encontro profesional para programadores e programadoras galegas no que debater sobre as programacións inclusivas a través de espazos de conversa e espectáculos.
O Concello de Viveiro recibiu a invitación a este foro para compartir a súa experiencia con “SuperArte”, a mostra de teatro realizada por persoas con diversidade funcional. Na súa terceira edición, o pasado decembro, “Superarte” dedicouse ás persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA), con obras de teatro, charlas e accións conxuntas coa hostalaría e o comercio sobre a diversidade funcional.
A concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega será a representante do Concello de Viveiro neste foro. Na súa intervención, prevista para a xornada de mañá do xoves 17, a edil presentará o exemplo de “SuperArte” como unha forma de incluír e visibilizar a diversidade funcional na cultura.
“SuperArte” foi precisamente a semente dunha iniciativa moito máis ampla, o programa “Viveiro Inclúe”. Dentro deste proxecto desenvólvense diferentes accións, co obxectivo de que Viveiro sexa un municipio inclusivo para todo tipo de persoas e colectivos e accesible para aquelas persoas con diversidade funcional.
Algunhas destas iniciativas son o uso de mochilas vibratorias nos espectáculos culturais para as persoas xordas, a formación en lingua de signos ou contacontos sobre a diversidade funcional, entre outros proxectos. Ademais, a propósito da última edición de “SuperArte”, o Concello de Viveiro recibiu a un grupo de expertos da Asociación BATA para avaliar e propoñer melloras na casa consistorial para que esta estea adaptada a persoas con diversidade cognitiva.























Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



