Ribadeo, 9 de febreiro de 2022. O Concello acometerá obras de mellora na rúa Xusto Barreiro, no barrio de San Miguel e nos vieiros transversais desa zona. Darán comezo a vindeira semana e serán continuidade das realizadas hai uns meses. O investimento ascenderá a 48.000 euros procedentes de fondos propios. A concelleira de Obras, Mónica Freire, pide desculpas polas molestias que se poidan ocasionar.
A edil ribadense anunciou que “o Concello de Ribadeo vai realizar obras de mellora na rúa Xusto Barreiro e no barrio de San Miguel, incluíndo tamén as rúas transversais que conectan estas dúas zonas. Estas obras dan continuidade ás iniciadas, xa fai uns meses, na parte norte deste barrio de San Miguel e dan resposta á demanda da veciñanza para o acondicionamento desta zona da vila. É unha zona esquecida durante décadas e que quixemos agora poñer en valor co seu acondicionamento e coa súa humanización”.
Mónica Freire explicou que “nesta actuación imos executar a dotación dun novo pavimento de aglomerado asfáltico xunto coa reparación dos tramos de beirarrúa que están deteriorados, facendo especial fincapé na eliminación das barreiras arquitectónicas para mellorar a accesibilidade da veciñanza. Tamén procederemos ao pintado dos bordes e prazas de aparcamento, á sinalización horizontal e vertical e tamén á dotación de mobiliario urbano como bancos, papeleiras e árbores”.
A concelleira de Obras engadiu que “a inversión, que supón 48.300 euros de orzamento, é financiada integramente polo Concello de Ribadeo a través de fondos propios. O período máximo de execución será de dous meses e temos a previsión de que as obras comecen para a semana que ven. En conxunto, estas obras supoñen unha decidida aposta pola humanización e pola mellora desta área da nosa vila pensando tamén que é a zona de entrada do Camiño Norte a Ribadeo”. E lembrou que “como sempre que se levan a cabo obras no casco urbano poden supoñer incomodidades e molestias, fundamentalmente aos veciños, que serán temporais e que entendemos que saberán desculpar e entender porque ao final todo isto é para a mellora de todas e de todos”.
O alcalde, Fernando Suárez, e os concelleiros de Economía e Obras, Pablo Vizoso e Mónica Freire, visitaron hoxe as zonas nas que se acometerán as devanditas obras.






















Nesta ocasión participará Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda, que impartirá o faladoiro “Xestión do ánimo”, centrado en técnicas de relaxación, pensamento positivo e coidado da saúde mental para mellorar o benestar emocional. A actividade está aberta á veciñanza e busca crear un espazo para compartir, aprender e coidarse en comunidade. Conta co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
Será este xoves, día 14 de maio, ás 19:00 horas no salón de actos do Concello. O mago Pedro Bugarín presentará o seu espectáculo titulado Galicia con maxia. Para esta actividade o Concello de Lourenzá conta coa colaboración da Deputación de Lugo.
O mozo ciclista continúa a demostrar o gran nivel desta tempada, na que suma xa un primeiro posto e un terceiro nas últimas probas das Escolas de Ciclismo da Federación Galega. Uns resultados que reflicten o seu esforzo, constancia e paixón polo deporte. O Concello tamén quixo poñer en valor o traballo do club Medela MTB, pola súa aposta pola formación e polo deporte base, acompañando aos máis novos no seu crecemento deportivo e persoal. Desde Cervo trasladan os parabéns a Mateo e á familia Medela, e destacan o orgullo polos éxitos e pola excelente tempada que están a realizar.
Durante a súa intervención, Xosé Merelles destacou a capacidade da romaría para conservar viva unha tradición transmitida de xeración en xeración e profundamente vinculada á identidade da comarca. Xosé Merelles puxo en valor o papel da Romaría do Bispo Santo como exemplo do turismo cultural e espiritual que promove Galicia, baseado na autenticidade, na conservación das tradicións e no patrimonio inmaterial.
O encontro incluíu sesión vermú amenizada polo Dúo The Poker e unha comida popular con empanada, embutido, croquetas, xamón cocido, tenreira asada e sobremesa. Pola tarde continuou a música e realizáronse sorteos de agasallos achegados polas asociacións colaboradoras. A iniciativa foi organizada pola Asociación O Castelo, en colaboración coas asociacións parroquiais e o Concello de Alfoz, que agradeceron a ampla participación. Durante a xornada tamén houbo un momento de lembranza para Jorge Val, exalcalde falecido hai un ano, destacando o apoio que brindou ás asociacións locais.
Unha actividade organizada pola Asociación Cultural pensada para promocionar os produtos de proximidade e da artesáns, nun ambiente lúdico e festivo. Produtos de horta, conservas, mel, requeixo, plantas ornamentais ou bisuteria son algúns dos produtos que se podían encontrar no mercado, que contou tamén con outras actividades como bautismos hípicos. A Vicepresidencia da Deputación colaborou un ano máis na programación do mercado cun obradoiro de coiro e animación musical.
A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.



