NOTA DE PRENSA
González Barcia: “o bipartito debe tranquilizarse e gobernar nos dez meses que quedan para as municipales” .
O portavoz popular afirma que seguirán facendo xestións por Burela.
“O proxecto do bipartito para Burela pasa polo despilfarro”, asegura Barcia.
O portavoz popular José María González Barcia pediulle hoxe ó bipartito burelés “que non se adique a ser oposición da oposición e que se tranquilice e goberne, que para están no concello, ainda que polo visto nestes tres anos pouco ou nada teñen que ofrecerlle ós veciños deste concello nos dez meses que quedan para as eleccións autonómicas, e por riba estás mui nerviosos”.
Barcia considera que “o despilfarro de cen millóns de pesetas en gastos diversos en 2009, a deuda de máis de nove millóns de pesetas cos clubes que teñen escolas deportivas, a falla de axudas ás asociacións, despilfarrar tres millóns de pesetas nun curso de jazz, entre outras cuestións, é incompatible con un bon goberno municipal, e por eso se adican a darnos caña, ofrecendo unha imaxe de inseguridade e de nerviosismo realmente preocupante, como lle pasou a Nieves Cando estes días pasados”.
O portavoz dos populares afirma que “agora é cando se lles fala claro ós veciños das Casas Baratas. O PP non fai como fai o BNG. O BNG tén que explicar por qué, se é que había cartos como eles din, nin adxudicaron nin tan siquera licitaron as obras das Casas Baratas; a resposta é clara, porque non había cartos e sería unha obra cando menos irregular, e por eso engañaron e engañas ós veciños”.
No tocante ó campo de fútbol artificial da Marosa, González Barcia afirmou que “o BNG xa roza o ridículo: todo o mundo sabe, e eles tamén, que a solicitude de subvención para esta obra foi enviada polo PP en marzo de 2007, e que a Xunta bipartita foi incapaz de sacar a obra adiante. Tivo que ser a Xunta de Núñez Feijoo quen licitase a adxudicase a obra. Polo tanto, o meu consello é que se saquen fotos todos os días na obra, para ver se así quedan satisfeitos e realizados”.
E no tocante ás xestións do PP, Barcia pideulle ó bipartito “intelixencia, se é que teñen algunha. O PP está lexitimado para facer xestións; ou non se lembra o BNG cando trouxeron á conselleira de Vivenda de visita a Burela sen avisar ó alcalde? Polo tanto, que non se rasguen agora as vestiduras, porque a cínicos non hai quen lles gane. O mesmo pasa co alcalde, que non se acorda de cando sen ser nada acudiu a algunha comida e actos oficiais sen que fose formalmente invitado. O PP seguirá traballando por Burela dentro das súas posibilidades, porque xa sabe de sobra o bipartito burelés que as súas declaracións non nos fan ningún efecto; se cabe, vendo que o asunto lles pica, e moito, traballar máis ainda por Burela, cousa que tamén saben os veciños. E os resultados desas xestións xa irán aparecendo”.
Por certo, indicou Barcia, “as xestións do bipartito burelés son máis ben pobres, porque só conseguiron que a Deputación concedese cen euros á comisión de festas do presente ano”.
Finalmente, Barcia considera que “o bipartito ofrece un pobre balance nestes tres anos: por non saber, seguimos sen saber que proxectos teñen para Burela, agás un, o despilfarro”.

















A clientela aproveita esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebra o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



