Cervo, 23 febreiro de 2022. O Concello de Cervo ven de iniciar as obras que van dotar dun sistema público de abastecemento de auga ao burgo de Trasbar, na parroquia de Castelo.
O rexedor, Alfonso Villares, a tenente alcalde, Dolores García Caramés, e a edil de Obras, Mali Méndez, xunto coa pedánea da zona, Marina Díaz, supervisaron as obras que se están levando a cabo na zona.
O proxecto, que consta de tres fases, ten por obxecto a dotación do subministro de auga potable ao núcleo de Trasbar, mediante a conexión coa rede xeral de auga existente. Nunha primeira fase, completouse a o tramo que vai desde A Senra ata a igrexa de Castelo; nesta segunda fase executarase a canalización do tramo que vai desde as inmediacións da igrexa ata a mesma entrada do burgo, cunha lonxitude de 2.300 metros; e a continuación levarase a cabo a terceira fase, e definitiva, que será a de distribución de auga.
Este proxecto segue a liña argumental do equipo de goberno de levar o abastecemento de auga e saneamento a todos os puntos da xeografía municipal, tentando equilibrar a balanza de condicións das zonas rurais coas urbanas.
O orzamento da actuación ascende a un total de 133.020 euros.
Villares precisou que “levbamos xa un tempo traballando conxuntamente na posta en marcha desta prestación para que os habitantes da zona rural de Trasbar podan acceder a este servizo público en condicións de calidade e seguridade”.
“Desde o noso equipo de goberno traballamos para chegar a todos os puntos da xeografía do noso municipio e tentar equilibrar o nivel de servizos das zonas rurais coas zonas máis urbanas” engadiu o rexedor.
Por último, o alcalde quixo apuntar que “estas inversións nas zonas rurais elevan o nivel de calidade de vida da veciñanza e poden servir de incentivo para moitas persoas que podan ter pensado establecerse no noso municipio”.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



